Resultados en directo /// Recordatorio: no relativo á tramitación de licenzas enviar correo-e a xestion@atletismo.gal

Moitas opcións galegas no Nacional Sub18

A fin de semana do 24 e 25 de xullo, regresa o Campionato de España sub18 tras unha última edición celebrada en outubro de 2020 por mor da pandemia do COVID-19. A esta importante cita acuden un total de 31 atletas galegas (18 mulleres e 13 homes) que tentarán poñer un broche de ouro a esta tempada sobre o sintético do Estadio Emilio Martín de Huelva.

Entre os atletas galegos máis salientables en función das marcas acreditadas, destacan no sector de velocidade a participación da campioa de España de Pista cuberta Sub18 Ainhoa Reparaz do Val Miñor quen tomará parte nos 100 m. e nos 200 m. onde acude con serias opcións de podios en ambas distancias . De igual modo Martín Barcia do Real Club Celta, quen acreditaba a mediados do mes de xuño uns destacados 10.95, nos 100 m., estará na loita diracta polos postos de honra.

Nos 3.000 m. o campión de España Sub18 de pista cuberta Pedro Vázquez do Real Club Celta parte como favorito para reeditar o título invernal xa que  acude ca mellor marca dos participantes con 8.27.35 sendo moi salientable tamén a presenza de David Vicente do Playas de Castellón quen ven de realizar na VI Festa do Atletismo Galego en Pontevedra un sensacional récord galego Sub18 con 13,89.

Nos obstáculos Antón Martínez da Atlética Lucense estará tomando parte na proba de obstáculos á que acude ca terceira mellor marca de 5:57.83 e na que tampoco pasaremos por alto a presenza de Salomé Segade do Millaraio sobre os 5.000 marcha

Nos concursos contamos con moitas opcións como as que presenciaremos novamente en triplo salto entre Alba Cuns do Playas de Castellón e Diaou Diallo do Ría Ferrol, campioa e subcampioa de España de pista cuberta, quenes estarán pelexando polo título nacional con claro color galego.

Nos lanzamentos máxima atención á participación de dúas claras opcións á titulo nacional. Por unha banda no círculo de martelo estará Marta Neira do AVA quen acude ca mellor marca do ano de  59,27 m. e pola outra a subcampioa de España de pista cuberta Xiana Lago do Ría Ferrol  quen fai o propio no lanzamento de peso con 15.09 m. A campioa galega absoluta en peso e subcampioa en disco do Ría, tamén estará tomando parte, con seria opción de medalla, na proba de disco.

Outra das grandes bazas estará no sector de combinadas, na que a subcampioa de España indoor e plusmarquista galega, Lucía Sánchez del Valle da Atlética Lucense, acude co obxectivo de estar no máis alto do podio. Do mesmo club, Enma Sihuang estará competindo por un metal na colchoneta de altura ao igual que xa fixera na pista cuberta, na que lembramos, lograba o bronce nacional

Tanto Nicolás Ortega do Coruña Comarca en disco como Daniel Loureiro da Atlética A Silva e Laura Rico do Ría na xavelina, estarán pelexando polos postos de finalistas nuns concursos cun nivel moi alto de calidade entre os participantes.

 

Compartir: