Rivalidade e moita emoción no absoluto masculino

Menos de 24 horas é o que resta para que as Pistas Municipais de Balaidos, acollan unha nova edición correspondente ao Campionato de Galicia Absoluto marcada este ano por coincidir ca celebración do Centenario, creación e constitución da Federación Galega de Atletismo. Precisamente no día de onte producíase a presentación oficial nas pistas de Balaidos desta importante cita ca asistencia  ademáis da do Presidente da FGA Isidoro Hornillos, de Manel Fernández en calidade de anfitrión e Concellal de Deportes do Concello de Vigo; Gorka Gómez Deputado Provincial de Deportes de Pontevedra e a de José Manuel Freire Coordinador do Deporte Escolar da Xunta de Galicia, os cales amosaban as súas felicitacións por este aniversario, salientando a idoneidade da elección desta sede por ser precisamente nesta mesma cidade onde a federación botaba a camiñar fai nada menos que un século.

Un moi interesante cartel masculino

Se no día de onte falabamos do máis destado a nivel feminino, hoxe imos facer o propio ca categoría masculina

O plusmarquista gelago e atleta internacional Mauro Triana será o prato forte tanto dos 100 m. como na dos 200 m. onde parte como claro favorito ante a ausencia a última hora de Chichu García.

Sen lugar a dúbidas unha das probas máis agardadas será a dos 400 m. na que estarán o recentemente chegado do europeo Sub23 Jacobo Soler do Rías Baixas, e os célticos Pedro Juncal e Jorge Román quenes acuden a Balaidos cunha igualdade máxima na loita pola prezada, e poucas veces, tan disputada medalla de ouro.

Outro dos nosos europeístas Sub23 de Tallín,  Elian Numa López do Coruña Comarca, parte como claro favorito na proba dos 800 m. Mais igualdade existirá sobre os 1.500 na que tanto Carlos Porto da Gimnástica con 3:47.42 como Pablo Bocelo do Coruña Comarca con 3:48.02 estarán na loita polo título galego.

Nos 3.000 obstáculos a ausencia por lesión de Gonzalo Basconcelo deixa máis aberta este proba entre Roberto Trigo do C.A. Santiago e Hugo Suárez do Real Club Celta. Máis doado a priori debería ser os 5.000 m. para o lucense Esteban Iglesia do Lucus Caixa Rural Galega quen se achega cun rexistro de 14:22.44

Nos valos Santi Rozas estará tomando parte tanto sobre os 110 como nos 400 v. Na primeira delas terá como principal opoñente ao naronés Denmba Sanyang quen parte como favorito sobre esta distancia grazas aos seus 55.19. Na segunda tamén é claro favorito o atleta ecuatoriano de combinadas (quen toma parte sen dereito e medalla) Gerson Vidal Izaguirre situado no Top10 por marcas no ranking nacional con 14.04 m. e que tamén veremos como principal favorito, sobre a lonxitude.

Xa  nos concursos, interesantes serán tanto o de altura entre Pablo Alonso do C.A. Santiago con 1,86 e Andrés Vila do Lugo Running con 1.84 m. como o de lonxitude onde a ausencia de Jean Marie Okutu será suplida pola igualdade entre os gimnásticos David Ferrer con 7,19 m. e Raúl Cortizo con 7,14 m.

O subcampión de España Sub23 de pista cuberta en triplo, Alex Barreiro do Lugo Running aparace en todas as apostas como máximo favorito ao igual que o internacional e plusmarquista galego Isaac Vicente en martelo con 63,25 m. Especial atención neste último concurso ao Sub23 e finalista no último absoluto nacional,  Yago Araujo do Real Club Celta

Na xavelina tamén  é salientable a participación do internacional lucense e campión de España  absoluto no 2013  Manuel Uriz quen aportará calidade a este edición tan especial.

Victor Gallego será outro dos centros de atención. O capitán da gimnástica e carismático lanzador,  conseguía o ano pasado na Coruña o seu vixésimo título de aire libre, que sumados aos de pista cuberta, fan del o atleta galego con máis títulos autonómicos da historia. Nesta edición tomará parte no concurso de disco e peso, proba esta última, na que o campión absoluto de pista cuberta Jaime Arias do Riazor Coruña, intentará novamente estar no máis alto do caixón. No disco, o campión de España máster Fran Guzmán do Atletismo Sada e Marcos Bouza do Fent Cami Mislata, loitarán por un tititulo moi igualado na que toma parte o venezolano Miguel Angel Grando do Real Club Celta.

Por último o campión galego Daniel Chamosa da Gimnástica de Pontevedra e o medallista internacional máster Juan Manuel Morales do Marineda, serán as principais atraccións dun campionato centenario que pechará ca disputa dos relevos.

Compartir: