Resultados en directo  

Tokio e Tallín reciben o presente e futuro do atletismo galego

Recentemente a RFEA daba a coñecer lista oficial dos atletas que viaxarán finalmente a Tokio para tomar parte nos Xogos Olímpicos. Nesa relación total de 56 atletas, figuraban os nomes de Belén Toimil en peso, Adrián Ben nos 800 m. e Ana Peleteiro en triplo. A súa presenza si ben agardada, tivo que ser refrendada nuns campionatos de España que supuxeron o definitivo pasaporte para todos eles e en especial para o viveirense.

Os tres acuden nun óptimo estado de forma como así o demostran tanto o récord de España de Belén con 18.80 m. efectuado a finais de xuño, os fabulosos 1:44.18 de Adri o día 8 de xullo ou os 14.61 m. de Ana no Campionato de España absoluto no que representa unha clara e ilusionante progresión nesta crucial tempada.

Pero se o foco de atención é esta triple presenza olímpica galega nos Xogos, non debemos pasar por alto a destacada selección de catro dos nosos máis talentosos e talentosas atletas galegas para tomar parte nos vindeiros Campionatos de Europa Sub23 e Sub20 de Atletismo que se desenvolverán en próximas datas.

Precisamente esta fin de semana na capital letona de Tallin dispútase o Campionato de Europa Sub23 que contará ca presenza de tres dos nosos e nosas atletas. Ao fronte dos mesmos estará tomando parte na proba dos 20 km. marcha Antía Chamosa que malia súa idade, conta xa cun currículo moi destacado no que salientan varios títulos nacionais e a súa xa máis que asidúa presenza nas convocatorias da selección nacional.

A proba dos 800 m. sigue a dar excelentes especialistas como é o caso do coruñés Elian Numa López. O atleta do Coruña Comarca conta cunha importante proxeción que o lavarían no ano 2018 a ser subcampión nacional Sub20. Desde entón conta as súas participacións nacionais por medallas o que orixonou o seu debut ca selección nacional no ano 2019 no Europeo Sub20.

Jacobo Soler representa unha das grandes e fantásticas sorpresas da tempada. Incorporado activamente ao atletismo fai apenas dous anos da man do Atletismo Rías Baixas, a súa irrupción nos 400 m. foi expectacular pasando este ano de acreditar 50.52 ata os…¡47.41! . Con este rexistro lograba nada menos que o subcampionato de España Sub23 e a súa máis que merecida inclusión no relevo 4×400 deste campionato continental ca selección nacional.

Sen abandonar os Campionatos europeos nin tampoco a mesma cidade báltica de acollida, outras das citas atléticas do ano será do 15 ao 18 de xullo a celebración os europeos de Atletismo Sub20 onde tamén contamos con representación galega.

Nesta cita poderemos ver no sector de lanzamentos a Irene Gómez Costas tomando parte no concurso de lanzamento martelo a onde acude cunha MMP lograda en maio de 60,17 m. que a sitúan no posto dazaoito do ranking europeo. Dende a categoría Sub16 conta prácticamente as súas participacións nos campionatos de España por títulos nacionais, debutando a nivel internacional no 2018 na Copa Ibérica ¨Go Fit¨ que daba paso no 2019 ao Festival Olímpico da Xuventude en Bakú no que chegaba a ser finalista.

Presente e futuro da man, nun momento de ilusión e novos ciclos onde o atletismo está de moda

   

Compartir: