Resultados en directo /// Recordatorio: no relativo á tramitación de licenzas enviar correo-e a xestion@atletismo.gal

Catro medallas, dous récords e dezanove finalistas, balance do nacional Sub20

Dúas medallas de ouro, dúas de bronce, un terceiro posto (sen dereito a medalla pola súa condición de venezolano), dous récords de Galicia Sub20 e dezanove postos de finalista, foi o balance da actuación galega no Campionato de España Sub20 disputado esta fin de semana en Monzón

As medallas virían da man de Irene Gómez no concurso de martelo quen cumprindo todos os pronósticos, lograba de maneira moi clara o título nacional lanzando ata os 57,46 m. e confirmando a súa excelente progresión sobre esta modalidade

Sen abandonar os lanzamentos Paula Piñón do A.F. Celta no corredor de xavelina lograba outra medalla de ouro nun trepidante concurso onde habería que agardar ata o último lanzamento para ver a mellor versión da celeste, quen nun fantástico tiro chegaba ata os 46,62 m. mellorando en metro e sesenta e dous centímetros a súa MMP. A maiores, a completísima lanzadora tomaba parte no concurso peso no que lograba un posto de finalista con 10,68 m. e no disco onde lanzaba ata os 32,38 m.

Nas carreiras excelentes medallas de bronce as conseguidas de igual modo por Belén García do ADAS Proinor, logrando co seu rexistro de 1:02.58 o prezado metal que a confirman como a máis importante das galegas sobre esta distancia. Sen abandoar os 400 metros Jorge Román Leiros do Real Club Celta nos lisos, lograba cos seus fantásticos 47,42 un novo récord de Galicia Sub20 que lle servían de igual modo para lograr a cuarta das medallas para a representación galega. Con este rexistro perfílase un campionato galego de infarto na proba dos 400 m. con tres atletas por baixo dos 47,50: Jacobo Soler 47,41; Pedro Juncal 47,42 e Jorge Román con 47,42.

Nos 400 m. a coruñesa do Riazor Coruña María Fernández lograba acceder a final onde correría nun tempo de 55,62 que representan un novo récord galego Sub20. Con este marca lograda colocarse de sexta en toda unha final dun campionato de España.

Ademáis destos podios, foron tamén moi salientables os concursos de María Pena do A.F. Celta en xavelina quen quedaba ás portas da medalla logo de lanzar ata os 43,04 m. (segunda MMP), así como os quintos postos de Carlos López de A Gándara nos 1.500 m.; Hugo Vázquez do Marineda nos 110 valos, e de Paula de la Torre da Gimnástica sobre os 1.500 m.

Compre citar tamén o destacado campionato do atleta venezolano con ficha galega polo Real Club Celta Miguel Angel Granado, quen lograba o terceiro lugar no concurso de disco e o quinto no de peso, impedíndolle a súa condición de atleta extranxeiro, ter subido ao podio.

Compartir: