Durante esta fin de semana a Delegación de Lugo daba acollida un excelente campionato Xunta de Galicia Sub16 e Sub18 individual e de probas combinadas que contaría con moitas probas e concursos de enorme calidade e interese.
O máis salientable en canto a resultados foron os dous novos récords galegos que se estableceron sobre o sintético do Gregorio Pérez Rivera. O primeiro deles viría da man da atleta Sub16 Alicia Barreiro do Ría Ferrol quen sobre a proba dos 300 m. lograba parar o crono na final en 40.67 que representan un novo tope autonómico, colocandoa de igual xeito nos postos altos do ranking nacional do ano. A segunda das plusmarcas, foi no concurso de combinadas na que o atleta da Gimnástica de Pontevedra Matías Moldes establecía unha puntuación total no octathlon de 4.374 puntos. O pontevedrés lograba a mellor das puntuacións sobre a proba dos 100 valos na que lograba un rexistro de 15.22 con vento válido.
A maiores na categoría Sub 16 o máis salientable foron os 37.47 quen sobre os 300 m. establecía Fabian Vidal do Barbanza así como os 1:26.98 do atleta do Coruña Comarca Daniel Salgueiro nos 600 m.
Nos valos Martín Vázquez do Lucus Caixa Rural lograba baixar dos 15 segundos con 14.91 impoñéndose Javier Trillo do Ourense Atletismo nos valos longos con 41.32. Domiño de ambos por parte de Adriana Rial do Samertolameu con 15.61 nos 100 valos e 47.11 sobre os 300 v.
Pepe Sánchez del Valle do Franciscanos lograba MMP nos 1.500 Obstáculos con 4.37.71 sendo salientable na mesma proba os 5:17.06 de Sara Guedes da Atlética Lucense
Nos saltos Lisa Vosberg quedaba alonxada dos seus 3.40, domiñando con 3.00 m. no concurso de pértega o mesmo que Javier Malingre do Ourense Atletismo que voaba ata os 3.51 m. logrando unha MMP
Nos lanzamentos Lara Iglesias do Samertolameu conseguía con 38.35 m . pulverizar a súa MMP en casi cinco metros sendo sobre este mesmo concurso notorio os 48.16 m. de Enzo López do Barbanza quen facía o propio por casi dous metros no seu primeiro e único lanzamento válido. Dobre triunfo para Gema Dacosta do Vila de Cangas en peso con 11.69 m. e disco con 33.58 m.
A campioa de España e plusmarquista nacional Xela Martínez da Atlética Lucense tomaba parte sobre os 3.000 m. con vistas ao nacional logrando comodamente o campionato con 10:56.86
Xa na categoría Sub18 domiño de Ainhoa Reparaz do Val Miñor sobre as probas de velocidade logrando o triunfo tanto nos 100 m. con 12.32 como nos 200 m. con 25.97
Nos saltos, o máximo interese estaba no foso de triplo con ese man a man mantido entre Alba Cuns do Playas de Castellón e Diaou Diallo do Ría Ferrol. A de Negreira que viña ca mellor marca nacional de 12.72 m. e o seu sexto posto do Campionato nacional absoluto, viuse superada pola ferrolá quen marchaba ata os 12.89 m no seu terceiro intento, malia que cun vendabal de vento a favor de +4,6.
Nos valos moi bos os 14.12 de David Vicente que representan unha MMP e o afianzamento no segundo posto do ranking nacional. De igual modo destacados os atletas do C.A.Santiago Mateo Aller sobre os 400 valos con 56.32 e Degnesh Mato nos 800 con 2:17.96
Xiana Lago do Ría Ferrol nos concursos de lanzamentos, facíase cos títulos autonómicos de peso con 14.31 m. e cun destacado disco no que lanzaba ata os 38.61. Interesante disputa entre Marta Neira do AVA e Blanca Pereira do Ourense Atletismo en martelo, con triunfo final para a viguesa con 55.28 polos 54.47 de Pereira.
Nos homes, importantes os 46,72 m. de Nicolás Ortega do Coruña Comarca en disco; os 48,67 m. de Hugo Fernández do Atletismo Sada en martelo así como os 52,67 m. de Dani Salgueiro da Atlética A Silva en xavelina
Xa por último nos saltos, Xoel Otero do Mazí saltaba ata uns moi interesantes 13.78 m. no seu último intento no triplo salto
Campionatos de Galicia de Probas Combinadas
No que atinxe ao Campionato de Galicia de Combinadas que se viña dispitando dende o venres, os títulos de campioas e campións galegos corresponderon a:
- Heptathlon Sub18 Feminino: Carlota Salagado do A.F. Celta con 4.089 puntos
- Hexathlon Sub16 femininio: Marta Lázara do Atletismo Deza con 3160 p.
- Decethlon Sub18 Masculino: Bran Núñez do At. Morrazo con 5187
- Octathlon Su16 masculino: Matías Moldes da Gimnñatica con 4374 p (Novo Récord Galego)