Formidable campionato de España máster

Nada menos que un total de trinta medallas de ouro, dazanove pratas , dazanove bronces,  un récord mundial, un de España e once récords galegos, foi o extraordinario balance dos atletas galegos e galegas que estiveron tomando parte esta pasada fin de semana no Campionato de España máster que se desenvolveu en Málaga.

Sen lugar a dúbidas o máis salientable foi o récord Mundial M80 que sobre os 1.500 m. cun crono de 5:30.89 establecería José Vicente Rioseco.Con este xa son cinco os récords mundiais que engade aos logrados recentemente na categoría M80 nos 800 m. con 2:41.58 (2021) e os da categoría M75 sobre os 2.000 m. obstáculos con 8.29.26 (2019); nos 1.500 m. con 5:11.27 (2018) e nos 800 m. con 2:30.59 (2016), ademáis dos catro récords de España tanto en aire libre como na pista cuberta. A maiores lograba igualmente o título nacional sobre a proba dos 800 m.

Miguel Gómez do Real Club Celta sumaba os títulos na M35 tanto nos 100 como nos 200 m.proba este última na que lograba un novo récord galego con  22.49.  Destacados campionatos tanto de José Fernández Sangiao do Verxel Nutrición logo de impoñerse  nos 400 m. e  nos 800 m. como de Miguel López do Marineda domiñando os valos curtos e longos na categorías máster 60.

Ana Abuín de A Silva, novamente convertíase nunha das protagonistas grazas aos seus triunfos nos concursos de peso, martelo e martelo pesado na categorías F60.

Moi salientables os equipos de relevos do Club Atletismo Sada quenes lograban subir ao máis alto de podio na F60 tanto no 4×100 como no 4×400 establecento neste último, unha nova plusmarca nacional con 6:06.64. A maiores os sadenses lograban o título no mixto 55 dos 4×100.

No círculo de lanzamentos, Nacho Fernández en martelo pesado acadaba un novo récord galego con 17,59 m. na categorías M40 que ademáis lle daban o campionato nacional que sumaba ao tamén logrado en martelo. Sen abandoar os lanzamentos Santiago Ferreiro do C.A.Santiago na Máster 35 sumaba os títulos de martelo e martelo pesado

Para rematar, nos fosos Basi Bernardez de A Silva voltaba cos títulos M40 tanto de triplo como de lonxitude confirmando o seu excelente momento de forma.

Foto: Nacho Rego

   

 

Compartir: