Resultados

6 medallas e 23 finalistas no nacional Sub23

Bo campionato o disputado polos 33 atletas desprazados ata Nerja para tomar parte no Campionato de España Sub23

Un balance total de 6 medallas e 23 postos de finalistas foi o que lograban os galegos e galegas na antesala do Campionato de España Absoluto do vindeiro día 25 en Getafe.

Por resultados, excelente Antía Chamosa da Gimnástica a cal asumía o seu papel de favorita, logrando tanto o título nacional, como a mellor marca española do ano e a terceira de Europa da súa categoría con 46:07.44.

A revelación nos 400 m. deste ano no atletismo galego, Jacobo Soler do Rías Baixas, melloraba as expectativas creadas nel facéndose co subcampionato nacional e logrando unha MMP de 47.41 que o sitúan ao fronte do ranking galego (47.42 de Pedro Juncal)

Novamente bos resultados os que deparaban os concursos, ca medalla de prata de María Ezquerro do Atletismo Sada quen no lanzamento de disco lograba unha MMP pasando da barreira dos corenta metros e lanzando ata os 41,52 m. Na xavelina Ivanna Carolina Román do Ría Ferrol  lanzaba ata os 41,23 m. lonxe dos seus recentes 48,92 m. da última xornada da liga de clubs, malia elo colgaba a medalla de bronce nesta  final de xavelina que contaría con nada menos que ca presenza de cinco lanzadoras galegas.

A internacional Eva Queimaño lograba unha meritoria medalla de bronce no concurso de combinadas, repetindo o posto de podio que lograra no último nacional indoor. Elian Numa López do Coruña Comarca pola súa banda, lograba o subcampionato nacional sobre os 800 m. con 1:51.90, repetindo a prata do ano pasado en Sevilla e perfilando a súa posta a punto para o Europeo Sub23 de Estonia

Andrea González do Gimnástica en xavelina; Yago Araujo do Celta en martelo; Santi Rozas do Lucus Caixa Rural nos 110 valos e Alex Barreiro do Lugo Runing en triplo, estarían moi pretiño dos postos das medallas logrando en ambos casos o cuarto lugar.

Compartir: