Resultados

147 atletas máster viaxan ao nacional de Málaga

Do 18 ao 20 deste mes desenvolverase na cidade de Málaga a disputa do Campionato de España máster na que tomarán parte un total de 2.234 atletas dos cales 147 serán da nosa Comunidade.

Das dazaoito Comunidades que inscriben atletas, Galicia por número de participantes é a quinta, o que amosa o excelente momento polo que está a atravesar este importante sector do noso atletismo

Entre os e as que viaxan, destaca a participación dos campións de España da edición do ano pasado en San Fernando (Cádiz) de Santiago Ferreiro do C.A.Santiago na M35 quen tomará parte no concurso de martelo pesado

Juan Morales do Marineda na M40 parte como favorito para revalidar o seu título nos 5.000 marcha e onde Basi Bernárdez de A Silva na M45 intentará reeditar a fazaña de voltar con tres ouros en lonxitude, triplo e altura.

Carlos Ferrer do Atletismo Narón na M55 será outro dos favoritos no concurso de disco no Estadio Ciudad de Málaga onde a presenza do naronés Pepín Rioseco na M80 será sen lugar a dúbidas unha das máximas atraccións do campionato. O plusmarquista mundial intentará tanto sobre os 800 m. como sobre os 1.500 m. atacar os topes mundiais destas dúas distancias

Na categoría femenina tamén contaremos ca campioa de España F55 da edición do ano pasado Luz Domínguez do Burgas Ourense a cal figura inscrita tanto nos 400 m. como na dos 800 m.

Esther Pedrosa quen estrea categoría F60, será outro dos focos de atención sobre o sintético de Málaga, onde a poderemos ver tomar parte nos  800 m. e nos 1.500 m. o mesmo que Ana Abuín na F60, quen defende nada menos que as súas tres últimas medallas de martelo, martelo pesado e peso.

A campioa de España dos 20 k. marcha en roteiro deste ano, Emilia Rodríguez do Trega, será outra das atletas quen aspire ao título sobre a proba dos 5.000 marcha.

Pola súa banda tamén salientamos a participación sobre as distancias dos 1.500 m. e 5.000 da olímpica  Julia Vaquero

Compartir: