O ADAS Proinor protagonista no Sub10 e Sub12 de clubs

Excelente xornada a presenciada o sábado nas Pistas de Atletismo de Ana Peleteiro de Ribeira ca disputa do Campionato Xunta de Galicia de Clubs Sub10 e Sub12 Trofeo Abanca

Un total de 475 nenos e nenas en representación de vinte catro clubs encheron de atletismo unha xornada que se viviu con moita intensidade, ilusión e deportividade baixo un bo día de sol e temperatura.

A xornada que daba comezo as 10.30 h. ca categoría Sub10 feminina transcurriría con absoluta normalidade marcada polas novas medidas de seguridade Covid-19 que flexibilizaban o novo protocolo recentemente aprobado pola Xunta de Galicia.

Nesta categoría o triunfo correspondeu ao Atletismo Femenino Celta con 77 p. quen estaría no podio acompañado pola Atlética Lucense con 70.5 p. e o Vila de Cangas con 67,5 p. nos postos de honra.

En homes, sería o ADAS Proinor quen dominaba o encontro con 95 puntos por diante do  C.D. La Purisima con 75 p. e do Atletismo Narón con 70 p.

Xa na categoría Sub12 novamente o ADAS Proinor nun magnífico campionato volvería a subir ao máis alto do podio en ambas categorías, polo que se convertiría  no gran protagonista desta edición. Compartindo podio xunto ás barquensas estiveron Ourense Atletismo e Atlética Lucense,  correspondendo na categoría masculina o segundo posto para a Agrupación Viguesa de Atletismo e o terceiro lugar para o Atletismo Pinarium.

 

Compartir: