Volve o Campionato Xunta de Galicia de milla e de 1.000 m. en ruta

Regresan os Campionatos Xunta de Galicia de Milla en ruta e Campionato Xunta de Galicia de 1 Km. para menores,  logo de que o ano pasado estiveran ausentes do calendario de probas autonómicas.

Nesta ocasión volve novamente, como xa o fixera no 2019, ás rúas da capital galega para recibir ás numerosas e numerosos participantes quenes estarán este domingo a partir das 10.00 horas sobre línea de saída. De entre todos eles, destaca a presenza do atleta internacional e campión de España nesta mesma modalidade en O Barco-2012 Victor Roiboo da Gimnástica de Pontevedra. A plusmarquista nacional, campioa de España, e medallista europea máster Esther Pedrosa, así como as internacionais Uxía Pérez do Playas de Castellón e Sandra Mosquera do Comesaña S.C. tamén estarán nesta cita aportando calidade e cartel á mesma.

Seguindo con presenzas salientables, contaremos ca dos campións galegos da última edición na categoría máster Amador Pena do S.D.Compostela na M35, Saturnino González na M55 do Ourense Atletismo; Domingo Álvarez na M65 do Burgas Ourense e Antonio Hernández na M70 de La Mochila del Deporte.

Na categoría feminina estarán tamén sobre o trazado da Santiago, as últimas gañadoras sadenses master da última edición,  Inés Papín na F45 e Pilar Marquiz na F65.

Campionato Xunta de Galica de menores de 1 km.

De igual modo desenvolverase o Campionato de Galicia de menores de 1 km. Sub10, Sub12, Sub14 e Sub16 onde a principal atración será a participación da plusmarquista de España e Campioa nacional Xela Martínez  da Atlética Lucense na categoría Sub16. Xunto a lucense estarán tomando parte as medallistas do último Campionato de Galicia Sub16 dos 1.000 m. Amparo Corredoira da Atlética Lucense, Estela Díaz do Lucus Caixa Rural Galega e Elisa Morgado do Ourense Atletismo. A maiores, tamén contaremos ca presenza da campioa galega Sub16 dos 3.000 m. Sara Gudes da Atlética Lucense e ca da subcampioa dos 600 m.Iria Rodríguez do Lucus Caixa Rural 

Na categoría masculina será o actual subcampión Galego Sub16 dos 1.000 m. Pablo Ulla da Sociedad Gimnástica, quen esté na loita polo título masculino.

Compartir: