O Concello de Ribeira recibe o Trofeo ABANCA

No día de hoxe presentábase no Concello de Ribeira o Campionato de Galicia de Clubs Sub10 e Sub12 Trofeo ABANCA que contou ca presenza do Alcalde do concello Manuel Ruíz, a Concelleira de deportes Juana María Brión e o Secretario Xeral da FGA Carlos Castro.

No mesmo dábase conta da importancia desta xornada que sería calificada como ¨a gran cita do atletismo base na modalidade de clubs que contará ca participación dun dotal de 59 equipos achegados de toda a nosa xeografía cun número total de participantes de preto dos 475 atletas¨

Como sempre as medidas de seguridade e a aplicación do Protocolo COVID-19 seguirán marcando as pautas deste campionato no que as formación do ADAS Proinor, Atlética Lucense, Lucus Caixa Rural Galega, Atletismo Vila de Cangas, Riazor Coruña e Ourense Atletismo presentan equipos en todas as categorías.

A última edición disputada foi no ano 2019 no Barco de Valdeorras, onde na categoría Sub12 os gañadores foron o Fontes do Sar e Lucus Caixa Rural Galega en homes e mulleres respectivamente, sendo na Sub10 o triunfo para os equipos ourensáns do Ourense Atletismo e ADAS Proinor.

O campionato que botará a andar este sábado de 10.30 h a 20.30 h., será retransmitido en directo a través da canle da FGA

 

Compartir: