Resultados

De la Fuente e Martínez, dominan a Serra

Excelente xornada a vivida esta fin de semana na Serra do Barbanza durante a disputa do Campionato de Galicia de Trail que xuntaría a preto de douscentos atletas sobre unha distancia total de 25 km.

Na categoría femenina a campioa galega absoluta foi Eva de la Fuente do Club Brion-Hyupersa Santiago que completaría a proba cun rexistro de 3h.01:45. Xunto ela e ocupando postos de podio estarían as atletas Ena Fernández do C.D.Biosbardo a dazasete minutos da gañadora, ocupando o terceiro lugar María José Grobas do C.A.Boimorto a vinte cinco minutos.

No tocante a categoría masculina o título autonómico recaería en Rubén Martínez do Atletismo Negreira, quen revalida o título logrado na edición pasada, cun rexistro de 2h.02:10. O segundo lugar foi ocupado por Daniel Paz do Brion-Hyupersa Santiago con 2h.07:56, entrando no terceiro lugar, e a once minutos do gañador, Sergio Mosteiro do Club Atletismo Boimorto.

Por clubs o triunfo correspondeu para o Brion-Hyupersa Santiago sendo segundo o Club Atletismo O Pino.

No resto de categorías os campións galegos serían os seguintes:

  • Sub23: Noemí Sanmartín (C.A.Pino) e Yago Freije (A. Ribadeo)
  • Senior: Enara Fernández (C.D.Biosbardo)
  • Máster 35: Máximo Oubiña (Cambados-Seguros Noval)
  • Máster 40: Martina Tasende (C.A.Pino) e Daniel Paz (Brión-Hyupersa Santiago)
  • Máster 45: Eva de la Fuente (Brión-Hyupersa Santiago) e Abel Barros (At.+9 Moraña)
  • Máster 50: Jesús Barral (Brion-Hyupersa Santiago)
  • Máster55: José Carlos Pereira (At. Boimorto)
  • Máster60: Manuel Suárez (Veteranos Samil)
  • Máster65: Juan Camean (Veteranos de Samil)

Compartir: