Galicia sube ao podio no nacional de Combinadas

Fantástica terceira posición lograda pola Selección Galega de probas combinadas no Campionato Nacional que se desenvolvería durante esta fin de semana en Alhama de Murcia o que representa ademáis dunha extraordinaria nova, unha importante mellora con respecto á quinta posición lograda na última edición desenvolta no mesmo escenario no ano 2019.

A nivel de actuacións, Lucía Sánchez del Valle nun formidable estado de forma, lograba a segunda posición cuns salientables 4.989 puntos, malia que o vento máis favorable do regulamentario, impediría que esta puntuación poda subir á táboa de récords galegos. Na mesma categoría Sub18, Aitor Fernández Gayoso pola súa banda, lograba un meritorio sexto lugar rematando cunha puntuación total de 5.730 puntos.

Na categoría absoluta, bo campionato dos nosos dous máis importantes especialistas. A internacional Eva Queimaño lograba a súa MMT en aire libre con 4.736 puntos mellorando en trinta a súa última actuación de Pontevedra de fai unha semana.

Por último o campión de Galicia de pista cuberta e tamén atleta internacional Adolfo Sáinz Maza, repetiría a mesma sexta posición da última edición, sumando ao remate de 6.003 puntos.

Cabe salientar para rematar  o excelente comportamiento de todos os seleccionados e seleccionadas a quenes lles tocaría competir baixo unhas condicións climatolóxicas por momentos adversas así como ao excelente traballo dos responsables técnicos da selección Julio Santiago e Adrián Fernández.

 

Compartir: