Angel López-Montesinos, novo Presidente do CGX

Ángel López-Montesinos foi nomeado hoxe como novo presidente do Comité Galego de Xuíces.

Acreditado cunha profunda experiencia en competicións autonómicas, nacionais e internacionais o ourensán leva desde os 17 anos exercendo as labores de xuíz.

A súa meticulosidade e rigor non pasaron desapercibidas para o Comité Nacional de Xuíces polo que foi elixido mellor xuíz nacional no 2012. De igual modo, forma parte do Panel A de Dirección Técnica e do Panel B de Marcha da RFEA.

Ángel López contará con Guillermo Sandino como vicepresidente e Secretario do CGX, labor esta última, que xa viña desenvolvendo con gran eficacia. Guille foi elixido no 2015 mellor xuíz novel de España formando parte na actualidade da Xunta Directiva do CNJ, do Panel Europeo de Marcha así como do Panel de Homologador de Instalacións Atléticas da RFEA.

Con este nomeamento o presidente da Federación Galega de Atletismo proxecta continuidade ao Comité Galego de Xuíces, tras a dimisión voluntaria do seu anterior presidente, Eloy Bretal, a quen Isidoro Hornillos agradece os moitos servizos prestados e que permitiron establecer unha dinámica de funcionamento moi positiva. Eloy seguirá dentro da Xunta Directiva do CGX.

 

Compartir: