O reitor da Universidade de Vigo, Manuel Joaquín Reigosa Roger, e o presidente da Federación Galega de Atletismo, Isidoro Hornillos Baz, asinaron no día de hoxe un convenio de colaboración entre ambas entidades para a promoción da práctica do atletismo durante o 2021.
Entre outros pormenores, o citado convenio permitirá aos clubs de atletismo con licencia pola FGA beneficiarse dunha taxa de exención de pagos dos prezos públicos vixentes polo usos das instalacións da Universidade de Vigo, incluído o Campus de Ourense, de ata 10.000 euros.
A FGA será a responsable de establecer os criterios de prelación para o goce desas exencións entre os clubs e atletas