Segunda sesión técnica do sector de lanzamentos

A reactivación do Plan Galego de Tecnificación Atlética (PGTA) no sector de lanzamentos iniciouse o pasado mes de abril coa primeira xornada técnica e de control dirixida a unha parte dos atletas obxecto de seguimento, indicados na relación adxunta.

Ao marxe da imposibilidade por acudir dalgúns atletas, ben por coincidencias con algunha competición, estudos, ou porque non teñan interese en participar no PGTA, o responsable galego do sector (peso, disco de xavelina) Raimundo Fernández, ten previsto un mínimo de 10 xornadas durante o 2021, nas que, alo menos, poidan repetir catro veces cada atleta.

No caso de ter que limitar o número de participantes nalgunhas convocatorias, polos contidos propios da xornada, terán prioridade aqueles atletas que non puideran acudir en anteriores xornadas por mor dunha lesión xustificada ou coincidencia cunha competición do seu club.

Nas xornadas do PGTA de lanzamentos, agás as propias do martelo, poderán acudir os atletas especialistas das probas combinadas que, en aplicación dos criterios do PGTA 2021, son tamén obxecto de seguimento. En calquera caso, lémbrase que o responsable de cada sector ten capacidade para engadir atletas que, non cumprindo os criterios indicados, considere oportuno incorporalo.

Convocatoria

  • Director da Xornada: Raimundo Fernández Vázquez
  • Coordinador: José Domínguez Caballero
  • Adestradores de especialidade: Frank Casañas (Disco e Peso), Raimundo Fernández (Xavelina)
  • Convidados: Adestradores persoais
  • Lugar: Estadio Inef Galicia, Bastiagueiro – A Coruña
  • Data: Sábado 15 de maio de 11.00 a 14.00 horas

Confirmacións e declaración responsable

Todos/as atletas e adestradores convocados deberán confirmar obrigatoriamente a súa presenza na ligazón de confirmacións antes do 14 de maio ás 14.00h.

A non confirmación da asistencia será considerada como renuncia a tomar parte na sesión técnica.

Compre de igual modo en todos os casos a presentación da declaración responsable para formar parte da actividade

Compartir: