A marcha e as combinadas centraron a axenda na fin de semana

A marcha e as combinadas coparon esta fin de semana os distintos campionatos galegos que se desenvolverían na nosa comunidade.

Na primeiro deles o Campionato de Galicia de Marcha en ruta, e como era previsible, os irmáns Antía e Daniel Chamosa da Sociedad Gimnástica, proclamáronse campións galegos absolutos no circuito urbán da Pobra do Caramiñal logo de invertir un rexistro de 42:34 e de 46:46 respectivamente sobre a proba dos 10 km. marcha.

Xunto eles conseguiron postos de podio na categoría absoluta Carmen Escaríz do Ourense Atletismo e Iria Rivas do Ría Ferrol-CCA na categoría feminina así como Juan Manuel Morales do Marineda e Hugo Mártinez do Lucus CRG na masculina.

No resto de categorías os campións galegos serían:

  • Sub18. Ismael Díaz do C.A.Sada con 52:11
  • Sub20. Alba Pérez do C.A.Negreira con 56:53 e Hugo Martínez do Lucus CRG con 50:45
  • Sub23. Antía Chamosa da S.Gimnástica con 46:46
  • M40. Juan Manuel Morales Marineda con 45:08
  • M45. Emilia Rodríguez do Trega con 58:37 e Manuel Polo do A.Narón con 52:55
  • F55. Raquel Fernández do Ourense At. con 1h.24.13.

Triunfos para Atletismo Femeino Celta e Sociedad Gimnástica no galego de clubs de combinadas

Do mesma meneira as pistas do CGTD de Pontevedra acolleron durante o sábado e o domingo o Campionato de Galicia de Probas combinadas por clubs onde resultarían gañadores o Atletismo Feminino Celta en mulleres e a Sociedad Gimnástica de Pontevedra en homes.

Por parte do combinado céltico feminino puntuarían as atletas Alicia Merino, Carlota Salgado e Valeria González sendo Luis Mariño, Oscar Montegudo e Matías Moldes os que daban o título aos pontevedreses.

Destacado resultaba a participación do equipo de A Silva quen lograba o terceiro posto en mulleres e o subcampionato en homes, completando postos de honra a Atlética Lucense co subcampionato galego na categoría masculina.

Compartir: