Resultados

25 anos dos N.I.T.A (I)

Multiplícanse neste ano 2021 as celebracións para o atletismo galego. Ao centenario da constitución da Federación Galega de Atletismo súmaselle outra non menos importante conmemoración: os 25 anos dos NITA.

Filosofía e obxectivos

Os NITA (Núcleos de IniciacIón e Tecnificación Atlética) representaron polas súas características o máis importante traballo de campo efectuado en Galicia en materia deportiva con nenos e nenas de entre 13 e 14 anos como así o recoñecía o propio Secretario Xeral para o Deporte da época Eduardo Lamas, cuxa figura sería foi moi significativa en materia de apoio e subvención.

Nun momento no que as estructuras dos clubs eran moi distintas as filosofías actuáis, era a propia federación quen daba un paso ao fronte e decidía acudir aos concellos e centros de ensino na procura de descubrir talentos naturais cos cales fornecer os distintos sectores do atletismo galego, de manera en especial aqueles con menor relevancia.

Para levar a cabo este plan, un total de 28 adestradores e adestradoras elexidos de entre máis de cen participantes, dividíronse nas sete delegacións da época. Durante un curso académico, encargáronse de testar a preto de 9.000 nenos e nenas na procura de atopar aqueles perfiles que amosasen talento para a práctica atlética. Os test que se levaban a cabo, pretendían descubrir aptitudes para os distintos sectores, de ahí que se elaborasen unha serie de probas consistentes nun salto vertical, un lanzamento dun balón mediciñal de 4 kg. (cara adiante e cara atrás) , unha carreira de 20 metros (de parado e lanzado) e  unha carreira de resistencia de 1.000 m.

O arífice do proxecto, no por aquel entón Director Técnico da FGA Isidoro Hornillos, falaba nunha entrevista do que representaba este proxecto: ¨Este plan representa un paso adiante cara a modernización do atletismo galego e un compromiso claro por unha aposta futura do noso deporte. Estamos convencidos de que ao marxe do nivel internacional acadado por Galicia no fondo e campo a través, outros sectores máis técnicos como os saltos, lanzamentos, velocidade e valos beneficiaranse claramente¨

As concentracións como sistema de coordinación e seguimento

Ademáis da detección de novos e novas atletas, as concentracións supuxeron un elemento de seguimento e control fundamental. Cada varios meses realizábanse no CGTD de Pontevedra e no Albergue da Mariña Española de Gandario varias xornadas por sectores onde técnicos e atletas convivían durante unha fin de semana compartindo coñecementos e formando deportistas.

Con esta planificación sistemática, a tecnificación pasaba a ocupar un papel relevante na estrutura do atletismo galego que se mantería e ampliaría ata os nosos días.

 

   

Compartir: