Resultados

Soliño e Iglesia impóñense no galego dos 10.000 m

Soledad Castro Soliño do Comesaña Sporting Club cun tempo de 41:39.42 e Esteban Iglesia do Lucus Caixa Rural Galega con 31:39.55 proclamáronse no día de hoxe campións galegos absolutos do 10.000 m. na edición disputada nas pistas de Noia de San Lázaro, que servirían para inaugurar a primeira edición do Memorial Alejandro Gómez.

Xunto aos gañadores absolutos ocuparon posicións de honra Simón González do Club Ría de Foz e Anxo Castro da Agrupación Deportiva Cerne na categoría masculina e Elena Ledo do ADAS Proinor e Nuria Pastor do Lugo Running na categoría feminina.

Do mesmo xeito tamén se disputou o Campionato de Galicia dos 5000 metros na categoría Sub18 e Sub20 correspondendo o triunfo en ambas categorías a Ánxela Seoane do Ourense Atletismo cun crono de 19:40.10 e a Antón Martínez da Atlética Lucense con 16:23.66 así como a Iker González da Atlética Lucense con 16:02.84 e a Cinthia Costas do C.A.Santiago con 21:36.95 respectivamente.

Durante o transcurso do campionato faríase entrega dunha placa aos familiares de Hipólito Rey, destacada e importante figura do atletismo local no concello de Noia que falecería recentemente, así como a entrega dun ramo de flores Paula Hernández, viúva de Alejandro Gómez, que quixo estar presente na primeira edición do memorial que leva o seu nome.

Resultados

 

 

 

Compartir: