Resultados

Campionato Galego de Clubs para Gimnástica e A.F. Celta

No día de onte o Estadio Calabagueiros de O Barco de Valdeorras daría acollida a trixésimo segunda edición correspondente ao Campionato de Galicia de Clubs.

Dazaseis clubs acudiron a esta importante cita que serviría como antesala ao Campionato Nacional de liga que comeza o vindeiro fin de semana e na que moitos clubs galegos e filiais veránse inmersos .

Baixo unha óptimas condicións climatolóxicas e unas estritas medidas de seguridade, discurriría ao longo de dúas xornadas este emocionante e sempre vibrante campionato qalego que proclamaría como gañadores logo da disputa de dazaoito probas ao Atletismo Feminino Celta e a Sociedad Gimnástica de Pontevedra.

As viguesas sumarían un total de 110, 5 puntos polos moi axustados 108 p. da Gimnástica, segundo clasificado, e os 87 p. do Ourense Atletismo quen tamén subiría ao podio. Os  triunfos parciais das viguesas foron nas probas de 100 e 200 m. a instancias de Ainhoa Reparaz e Andrea Pais, de María Carballido nos 800 m. e de Paula Piñón no concurso de disco.

O Ría Ferrol quen defendía título e quen suma un total de catorce títulos no histórico, acudía con moitas baixas importantes ocupando finalmente  a cuarta posición con 83 puntos. A Atlética Lucense con 80, 5 p.; o ADAS Proinor con 75 p., o Lucus Caixa Rural con 58 p. e o Club Atletismo Santiago con 50 p., completaban a clasificación restante.

Na categoría masculina, repetíase o podio do último campionato do 2019 (a edición do ano 2020 non se celebraría) con triunfo para a Gimástica de Pontevedra con 132 puntos, seguido do Real Club Celta con 118 p. e terceiro posto para os compostelanistas do Atletismo Santiago con 84 puntos quenes consiguen afianzanse un ano máis nese selecto grupo de equipos importantes.

Os pontevedreses cimentarían o seu triunfo nas victorias parciais dos seus atletas David de la Fuente nos 800 m., Carlos Porto nos 1.500 m., Ignacio Sarmiento nos 400 valos, Miguel Madruga na altura, David Ferrer na lonxitude, Alfonso Palomanes no triplo, Diego Casas no disco e Raúl Joaquín Pagán na xavelina.

O Atletismo Narón ocupaba un excelente cuarto posto con 80,5 p. seguidos polos lucenses do Lucus Caixa Rural Galega con 78 p., o Club Atletismo Sada con 65 p., o Ourense Atletismo con 55,5 p. e o Marineda Atlético con 49 puntos.

Homenaxe a Luis Nogueira

Un dos actos máis emotivos sen lugar a dúbidas foi a homenaxe que todo o atletismo galego quixo rendir á memoria de Luis Nogueira.

O presidente da Federación Galega de Atletismo Isidoro Hornillos, o presidente do ADAS Barco. Tinín González e o Alcalde do Concello de O Barco, Alfredo García,  pronunciarían unas verbas de lembranza diante dos seus familiares quenes recibiron unha placa de mans da Federación e do club en honra a súa memoria. Especialmente emotiva foi a clamorosa e sentida ovación de todos cantos atletas estaban nas bancadas quenes postos en pé, rendiron un último e emotivo homenaxe a un dos máis grandes atletas do noso deporte.

Compartir: