Resultados en directo  

A Federación busca a súa mascota

O mundo do deporte foi sempre un lugar propicio para a exhibición de toda unha serie de elementos identificativos,tales como escudos, cores, himnos ou mascotas.

Unha mascota é un símbolo que personifica os valores dunha marca xa que xeralmente posúe trazos físicos que xera un achegamento co público moito mais próximo e que ademais axuda a identificar e retransmitir todos aqueles valores positivos asociados á marca.

A imaxinación, a fantasía e a creatividade son elementos importantes á hora de crear unha mascota que guste, identifique e chame a atención.

Sobre esas premisas a Federación Galega de Atletismo quere no marco de actividades do seu centenario, organizar un concurso de mascotas entre os atletas da categoría promoción (ata Sub16 incluido) co obxecto de que sexan eles e elas quenes deseñen a que será a mascota oficial nos seus campionatos oficiais e actividades de promoción.

Deste xeito a Federación pasará a contar con catro importantes elementos identificativos como son o escudo, o himno, as cores oficiais da selección galega e unha vez seleccionada o modelo gañador, tamén coa súa mascota oficial.

No día de hoxe publícanse as bases do concurso, abríndose un prazo de presentación de propostas. Entre as recibidas, elixiranse 25 que serán as que se expoñan nas Redes Sociais federativas para que todos os usuarios e usuarias poidan votar á que máis guste.

O prazo para recibir propostas, abrirase o día 15 de abril e concluirá o día 15 de xuño.

Bases do concurso.

Modelo oficial de propostas

Compartir: