Fin de semana de promoción e veteranía

Avanza o calendario e avanza o mes de marzo ca celebración esta fin de semana de varias citas autonómicas que ocuparán distintos espazos baixo distintas modalidades.

XIV Campionato de Galicia Sub10, Sub12 e Sub14

A pista cuberta de Expourense dará acollida durante este sábado a partir das 10.30 horas unha intensa e fermosa xornada atlética na que os principais protagonistas serán os máis pequenos e pequenas do noso deporte.

Preto de 650 rapaces e rapaces tomarán parte neste importante campionato seguindo estritamente as directrices sanitarias marcadas no Protocolo Fisio-covid que a Federación Galega está implantando desde o comezo da actividade deportiva.

Ás bancadas só terán acceso un número restrinxido de adestradores e responsables de clubs participantes previamente acreditados, estando a actividade competitiva aberta só para concursos e probas de velocidade.

Tanto por número de participantes como por número de carreiras e concursos, este é con diferencia o campionato autonómico de pista cuberta que máis número de rapaces e rapazas moviliza e tamén o que conta cun maior seguimento. Para elo se emitirá en directo a través da canle youtube da FGA a retransmisión íntegra do campionato.

Campionatos de Galicia dos 3.000 Sub20 e Sub23 e Campionato de fondo e medio fondo máster

As restricións no desenvolvemento de probas de fondo e medio fondo correspondentes tanto a campionatos de Galicia como ao resto da programación atlética, está obrigando a axustalas e a trasladalas casi na súa totalidade ás pistas de aire libre do CGTD de Pontevedra. Estes son os casos dos Campionatos de Galicia de 3.000 m. Sub20 e Sub23 e do Campionato de fondo e medio fondo máster que se efectuará nas citadas pistas este o domingo día 21, logo de que o restro de probas se desenvolveran en Ourense a mediados e finais e do pasado mes de febreiro

Entre un total de 264  atletas participantes destacan ós atletas do Club A Gándara  María Cedrón e Carlos López na Sub20 e Carmen Martínez na categoría Sub23. Tamén o campión galego Sub20 do ano pasado en Ourense sobre esta mesma distancia Victor Bouzón do Olímpico de Vedra, estará tomando parte na categoría Sub23

Na categoría máster o internacional e campión de España de milla en ruta Victor Rioboo estará na línea de saída ao igual que o subcampión de España de marathon Elías Domínguez do Fisioterapia San Lázaro. Xosé Luis Otero Cepeda do Universidade de Santiago na M65 será outro dos atletas salientables deste campionato

Na categoría femenina contaremos ca participación da varias veces medallista internacional máster Esther Pedrosa, así como as tamén medallistas en campionatos máster internacionais Teresa Castro do Atletismo Noia e Cristina Estévez do A.F. Celta.

A plusmarquista galega absoluta de pista cuberta nos 800 m. e internacional Pilar Barreiro do C.A. Sada estará tomando parte sobre os 400 m. ao igual que fará Emilia Rodríguez Baz do Trega  sobre a proba dos 3.000 marcha.

A toda esta intensa actividade súmanselle os controis que se efectuarán na pista cuberta de Ourense o sábado día 20 e na pista de aire libre do CGTD de Pontevedra o domingo día 21.

Compartir: