O atletismo Sub16 e as combinadas, sacan músculo en Ourense

Máis de catrocentos atletas estiveron durante o sábado pasado tomando parte en Expourense no Campionato de Galicia de pista cuberta Sub16 que se disputaría de maneira simultánea xunto a unha importante xornada de control indoor para as categorías Sub10, Sub12 e Sub14 con excelentes e moi interesantes rexistros a nivel xeral.

No sector de velocidade, resultou moi salientable a participación de Antía Pernas do Lucus Caixa Rural Galega que lograba baixar dos oito segundos nas semifinais dos 60 m. marcando un crono de 7.92 que a colocan na cuarta posición do ranking nacional do ano. Na final volvería baixar dos sete segundos con 7.96. Na categoría masculina  triunfos para José Novoas do ADAS Proinor tamén cun destacado  rexistro de 7.51.

Formidable nivel o presenciado nos 300 m. masculinos por parte de Fabian Vidal do Barbanza e Javier Trillo do Ourense Atletismo. O seu estado de forma fariase patente xa nas semifinais, máis sería na final onde o atleta barbanzán lograba o triunfo cun rexistro oficial de 36.91 novo récord galego, converténdose no primeiro sub16 capaz de baixar da barreira dos 37. A segunda posición foi para o velocista ourensá quen remataba nun tempo rexdondo de 37.00.

Si salientable foi a participación dos homes, non menos foi a carreira feminina onde unha Alicia Barreiro do Ría Ferrol quíxose sumar á festa marcando uns moi salientables 41.89 que a sitúan no top10 do ranking nacional do ano.

Nos valos a nova campioa galega Ágata Rordríguez do Vila de Cangas lograba baixar dos dez segundos por dúas centésimas correspondendo a triunfo na categoría masculina a Martín Vázquez do Lucus Caixa Rural Galega con 9.07 que reafirman a excelente traxectoria desde atleta.

Na altura o principal favorito Noel Ferraces do Millaraio saltaba ata os 1.65 estando máis emocioante a proba feminina entre Aldara Basteiro do ADAS Proinor e Martina Gutiérrez do A.F.Celta con triunfo finalmente con 1.48 para a barquense por apenas dous centímetros.

A pértega estaría domiñada con autoridade por Javier Malingre do Ourense Atletismo quen chegaba ata uns moi interesantes 3.42 m. Xa nas mulleres Lisa Vosberg do AVA deixábanos outra das grandes actuacións do campionato xa que co seu concurso de 3.35 m. lograba un novo récord galego Sub16, que a sitúan de líder no ranking nacional, mellorando a anterior marca que ela mesma tiña e confirmando así a excelente traxectoria desta saltadora adestrada por Antonio Fernández.

O lucense Andrés López do Lucus Caixa Rural Galega sería un dos participantes destacados do campionato logo de acadar os trunfos con bos rexistros tanto na lonxitude con 5.58 m. como no triplo con 11.96 m . Na categoría feminina Valeria González do A.F. Celta quedaba as portas dos cinco metros con 4.94 m. na lonxitude, estando o concurso de triplo acaparado tanto por Eva Fernández do Barbanza con 10.44 m. como por Priscila Sánchez do Universidade de Santiago con 10.29 m. ambas por encima dos dez metros

O peso tivo un claro domiñador, Brais Díaz da Atlética Lucense, quen lanzaba no cuarto intento ata os 12.24 m. que lle daban un claro triunfo nesta cita. Nas mulleres unha formidable Gema Dacosta do Vila de Cangas facía todos os seus lanzamentos por encima dos once metros, marchando no quinto ata os 11.77 m. que a sitúan de terceira no ranking nacional.

Campionato de Galicia de Probas Combinadas

Tamén durante a fin de semana estariase desenvolvendo paralelamente o Campionato de Galicia de probas combinadas sub16 e absoluto.

No Sub16 o triunfo correspondería a Matías Moldes da Gimástica quen remataba cunha puntuación total de 3357 e no que xunto él ocuparon postos de podio o tamén Gimnástico Alejandro Villaverde con 2.716 puntos e Diego Martínez do Vila de Cangas con 2.683 puntos. Sen abandonar esta mesma categoría o triunfo feminino foi cunha puntuación total de 2.825 para Adriana Rial do Samertolameu, ocupando a campioa galega do ano pasado Marta Lázara do Atletismo Deza o segundo posto con 2.493 p.. Xunto elas e no terceiro lugar,  Nadia González da Atlética A Silva con 2.450 puntos.

Na categoría absoluta Adolfo Sainz Maza do Celta, que ven domiñando esta modalidade nos últimos anos, lograba un novo título autonómico con 4.403 puntos. Nicolás Arias da Atlética Lucense con 3.859 puntos e Adrián Carreira do Narón con 2.985 estarían nos postos de honra nesta edicion do 2021.

Compartir: