Resultados

Convocada a Asemblea Xeral ordinaria da FGA

De acordo co que determinan os artigos 18º e 22º dos Estatutos da Federación Galega de Atletismo que obrigan, entre outros, a convocala con 15 días naturais de antelación e remitir con 7 días mínimos previos á documentación relativa á proposta do calendario deportivo; bases e regulamentos xerais das competicións; liquidación do orzamento do exercicio anterior e proxecto de orzamento do exercicio seguinte, por orde do presidente da FGA, convócase á Asemblea Xeral Ordinaria, correspondente á tempada 2020 (aprazada por permiso outorgado pola Xunta de Galicia) para o día sábado 27 de marzo ás 16.30 horas en primeira convocatoria e as 17.00 horas en segunda na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela.

ORDE DO DÍA

  1. Saúdo e benvida do Presidente da FGA.
    • Lista de compoñentes.
    • Designación de dous delegados escrutadores.
    2. Aprobación, se procede, da Acta da Asemblea Xeral anterior.
    3. Informe do Presidente da FGA.
    4. Estudo e aprobación, se procede, do Calendario de Competicións e normas técnicas da tempada 2021.
    5. Aprobación, se procede, da liquidación definitiva do ano 2019.
    6. Aprobación, se procede, da liquidación provisional do ano 2020.
    7. Ratificación, se procede, da normativa de licenzas 2021 aprobada pola Comisión Delegada da Asemblea Xeral.
    8. Aprobación, se procede, do proxecto de orzamento para o ano 2021.
    9. Estudo e debate das propostas presentadas polos/as asembleístas e Órganos de Goberno da FGA.
    10. Rogos e cuestións dos membros da Asemblea.

Prégase confirmación no email secretaria@atletismo.gal antes do 19 de marzo do 2021, ás 20:00 horas

Convocatoria

Compartir: