Marzo abre ca disputa de varios campionatos e citas importantes

Esta fin de semana continuamos ca disputa dos distintos campionatos de Galicia onde novamente as pistas do CGTD de Pontevedra darán acollida o sábado dende as 10.00 horas as disputas dos  Campionatos de Galicia de Lazamentos Longos e Campionatos de Galicia de medio fondo e fondo Sub16 e Sub18.

Comezando por este último campionato, na categoría Sub16 Daniel Salgueiro do Coruña Comarca parte como favorito ao título autonómico sobre a proba dos 600 m. grazas a súa mellor marca nacional do ano de 1:26.65.

Os 1000 m. contarán con Sergio Quintás do CD La Purísima e con Ricardo Negrete do Ría Ferrol que acuden cos excelentes rexistros de 2:42.60 e 2:43.31 respectivamente, que os sitúan nos primeiros postos do ranking nacional. Na categoría femenina estará sobre o tartán pontevedrés Xela Martínez que a semana pasada en Lugo estabrecía  un novo récord galego sobre esta mesma distancia con 2:50.4.

Os 3.000 m. contarán con Matías Regueiro do At. Sada e Pepe Sánchez del Valle do Franciscanos de Lugo quenes parten como uns dos favoritos nesta proba de fondo o mesmo que Sara Guedes da Atlética Lucense na categoría feminina

Na categoría Sub18 destaca a participación nos 3.000 m. tanto de Antón Martínez da Escola Atlética Lucense como de Anxela Seoane do Ourense Atletismo quenes acuden ca mellor marca dos participantes.

Nos 800 m. será interesante ver as evolucións nas mulleres de Degnesh Mato do C.A.Santiago e de Uxía Rodríguez do Trega así como a de Pedro Vázquez e Juan Núñez, ambos do Real Club Celta na categoría masculina.

Non menos interesantes serán os 1.500 m. femininos onde as medallas estarán moi igualadas entre Marcela Morgado do Trega, Carolina Santos do Ria Ferrol e Paula Cabaleiro do Atletismo Tui. Nos homes a priori será Iván Rego do Lucus Caixa Rural quen parta con certa condición de favorito nesta mesma proba.

Campionato de Galicia de lanzamentos longos

Paralelamente e no sector de concursos, estarán desde as 10.00 horas as distintas e distintos atletas tomando parte no seu autonómico de lanzamentos longos.

Nesta cita estarán competindo importantes nomes, entre os que descataca no concurso de martelo a participación de Carlos Revuelta do AD Marathon e a de Yago Araujo do Celta. O plusmarquista galego absoluto Isaac Vicente do Fent Cami Mislata tamén estará no circulo de competición. Nas mulleres, a xoven promesa do AVA e campioa de España de lanzamentos de menores recentemente en Castellón Marta Neira, competirá neste mesmo concurso.

O céltico Jonathan Correa no concurso de xavelina, figura a priori como favorito da proba ao igual que Javier Guzmán do Atletismo Sada en disco, nun concurso onde estará o plusmarquista galego de peso Victor Gallego da Gimnástica.

En mulleres o disco estará máis axustado entre María Ezquerro do C.A.Sada e  Victoria Eiriz da Atlética Lucense, quen conseguiría esta mesmo ano a súa MMP con 38.77.

Sen lugar a dúbidas a xavelina femenina será o prato forte desta cita co concurso da medallista de bronce nos pasados campionatos de España de lanzamentos longos de inverno Carmen Sánchez do Unicaja Jaén. Xunto ela estarán lanzando Ivanna Carolina Román do Ría Ferrol 4ª clasificada nese mesmo campionato e Andrea González da Gimnástica,  9ª.

De igual modo tamén estarán no corredor de xavelina as célticas María Pena e Paula Piñón, subcampioa de España e finalista respectivamente do Campionato de España de lanzamentos de menores.

Mais citas importantes durante a fin de semana

Aproveitando a instalación pontevedresa, organizarase para a xornada do sábado o III Control FGA de inverno a partir das 17.00 horas, donde un importante número de atletas confirmaba a súa participación.

Lugo pola súa banda, organiza tamén o sábado e a partir das 10.30 horas, a 2ª xornada da Copa Deputación de Lugo de aire libre,contando Ourense de igual modo cunha interesante oferta competitiva da man do  II Trofeo + Deporte la Región en Pista Cuberta que se desenvolverá ao longo da mañá do domingo.

Compartir: