Resultados en directo /// Recordatorio: no relativo á tramitación de licenzas enviar correo-e a xestion@atletismo.gal

Torun agarda a Belén e Ana

No día de mañá dará comezo na localidade polaca de Torun a cita atlética máis importante da tempada invernal, onde dende os días 4 ao 7 disputarase o Campionato de Europa de Pista Cuberta antesala do que serán os Xogos Olímpicos a finais do mes de xullo e principios de agosto deste mesmo ano.

E ela, e como xa vimos informando, acuden dúas das nosas máis importantes atletas nestes intres, tomando parte nos concursos de triplo e de peso

Ana Peleteiro sen lugar a dúbidas é unha das atletas que centrará boa parte dos focos de atención xa que terá a difícil papeleta de defender o seu último título continental logrado en Glasgow 2019. Sería precisamente nesa edición onde a riveirense efectuaba o seu mellor rexistro personal chegando ata os 14.73 m. que representan a actual plusmarca nacional. A saltadora que se caracteriza pola súas boas prestacións na alta competición, terá que estar nos seus máximos niveis xa que fronte ela terá a dúas importantes saltadoras, a griega Papahrístou con 14.60 m. e a bielorrusa Skvartsova  con 14.39 m.

A fase de clasificación do triplo será o día 6 ás 12.00 horas e a final o día 7 as 17.20 horas

Belén Toimil será a outra das galegas que vai estar sobre o Arena Torun disputando o concurso de lanzamento de peso

As credenciais da mundialista en  Londres 2017 son formidables esta tempada, onde chegaría a conseguir o seu primeiro título de campioa de España de pista cuberta, logrando unha MMP de 17.86 m. que a convertin na segunda mellor marca da historia. Os obxectivos pasan por estar atacando a barreira dos 18 metros o que lle podería facer soñar cun histórico posto de finalista. O ranking continental está liderado pola lanzadora portuguesa Auriol Dongmo con 19.65 m. ocupando a galega o décimo cuarto lugar.

As series clasificatorias serán o día 4 ás 19.15 horas e a final o día 5 as 19.06 h.

Dossier

Conexión en directo

Compartir: