A partir do 01/03/2021 nova aplicación para a reserva de adestramentos na Pista Cuberta de Ourense. Reservas de grupos e individuais.

Talento e futuro no nacional de lanzamentos longos

Continúan de maneira escalonada e incesante desenvolvendose os distintos Campionatos de España nunha tempada que asemella querer recuperar na media do posible, unha certa normalidade competitiva nun ano especialmente sinalado.

Si o pasado fin de semana contamos cunha intensa actividade, nesta poderemos seguir disfrutando de dúas grandes citas:  o Campionato Nacional Absoluto de Pista cuberta do que xa falamos,  e o Campionato de España de Lanzamentos longos de menores, proba este última á que acuden un total de seis dos nosos máis talentosos e talentosas lanzadoras e que acontecerá en Castelló o 20 de febreiro.

Presenza importante de lanzadores e lanzadoras galegas

No concurso de disco contaremos ca presenza do herculino Sub18 do Coruña Comarca Nicolás Ortega quen acude cun rexistro efectuado este ano de 49.93 MMP. O lanzador intentará mellorar tanto a súa marca como o seu cuarto posto do ano pasado.

A Sub20 Paula Piñón do A.F.Celta tomará parte por partida dobre no campionato donde concursará no disco e na xavelina. Na primeira delas intentará achegarse ata a súa MMP de 42.44 m. logrados o ano pasado e que lle daban o bronce precisamente nesta mesma proba. No tocante ao disco acude ca sexta mellor marca das participantes sendo obxectivo mellorar o sétimo posto do 2020.

O campión de España de martelo Eric Méndez do Real Club Celta, debuta na categoría Sub20 o que supón lanzar co artefacto dos 6 kg. precisamente con este peso lanzaba recentemente ata os 57.08 m. que o sitúan ca sétima mellor marca dos participantes.

En martelo 3 kg. Sub18, interesantísima disputa a que manterán Marta Neira do AVA e Blanca Pereira do Ourense Atletismo quenes acuden respectivamente cas dúas mellores marcas das participantes. A viguesa, discípula do pentaolímpico Frank Casañas, parte como favorita no concurso grazas aos 56.16 m. logrados na edición do ano pasado onde remataría sendo bronce. Por parte da lanzadora ourensá de primer ano, xa no 2020 lograba ser campioa de España Sub16, facendo a súa presentación nesta nova categoría lanzando ata os 54.07 m. MMP

A Internacional Sub20 Irene Gómez do Valencia Atletismo, é outra das favoritas ao título no concurso de martelo. A Campioa de España Sub20 e prata no nacional longo de inverno acude con 55.38 m. deste ano que malia non ser a súa MMP (58.45 m. do 2020) , permítelle ser a participante ca mellor marca rexistrada.

Laura Rico Bouza é outras das galegas que estará presente en Castelló. Tomará parte no lanzamento de xavelina Sub18 onde acude ca sexta marca das participantes de 35.51 m. A atleta do Ria Ferrol é a vixente campioa de España Sub16 da modalidade.

Por último a tamén atleta céltica de primeiro ano Sub18 en xavelina  María Pena, estará lanzando ca quinta mellor marca das participantes. A santiaguesa de nacemento, xa sabe o que é estar nun podio nacional grazas ao subcampionato do ano pasado neste mesmo torneo.

Compartir: