Resultados

Dúas medallas no nacional Sub23 e un campionato de moitísimo mérito

Dúas medallas e catro postos de finalistas é o balance da participación galega nos Campionatos de España Sub23 que aconteceron esta fin de semana no Palau velódromo Luis Puig de Valencia

Sen dúbida hai medallas que pola súa importancia e polas súas dificultades disfrútanse de maneira moi especial. O ano que estamos tendo a nivel de oportunidades tanto de competir como de adestrar está facendo que existan importantes e notorias diferencias según en que Comunidade nos atopemos. Si a este sumamos carencias importantes de medios e infraestructuras en moitos casos para poder adestrar, debe dar unha idea do gran valor que supón este campíonato para os nosos atletas

Todo elo deberon pensar tanto Eva Queimaño do Super Amara BT como Alex Barrerio do Lugo Runing, quenes se convertiron polas súas medallas nos grandes protagonistas galegos da edición nacional de pista cuberta.

Excelentes resultados

Fantástico concurso de Alex Barreiro quen xa no segundo salto deixaba claro a súa aspiración aos metais chegando ata os 15.09 m. e acadando o subcampionato nacional. Con este rexistro mellora a súa MMP nun centímetro do ano pasado ao aire libre onde de igual modo, foi bronce nacional.

A internacional Eva Queimaño e campioa de España de Aire Libre de heptathlon,  novamente subiría ao podio nun ano para ela moi complicado. A súa actuación de 9.20-1,63-9,99-5,24-2:31.75 daríalle un total de 3.466 puntos cos cales subir ao caixón de honra no terceiro lugar.

No resto de actuacións, Andrea Pais do A.F.Celta faría un excelente campionato logo de meterse na final B dos 200 m. acadando a terceira posición e a sétima na xeral cun rexistro de 25.44

Cristina Garrido da Gimnástica corría as súas semifinais dos 60 m. en 7.86 logrando acceder á final onde rebaixaba o seu rexistro ata os 7.81 logrando un excelente sétimo posto

Outra das finalistas sería a céltica Uxía Paz quen no concurso de triplo saltaba ata os 11.57 m. no seu primeiro intento que lle daban o sétimo lugar do concurso

Novamente os valos tiveron acento lucense ca presenza de Santi Rozas do Lucus Caixa Rural Galega quen nas semis lograba con 8.50 meterse na final para rematar oitavo con 8.51

Do resto das actuacións destacamos ao sadense Kristian Krasnov quen corría a súa semifinal dos 400 m. en 50.48 ocupando a sexta posición o mesmo que Lucas Fernández do Coruña Comarca quen pola súa banda marcaba un crono de 1:56.12 nos 800 m. entrando cuarto na súa serie.

Nos valos Lucía Ferrer da Gimnástica ocupaba a sexta posición na  semifinal da proba con 9.08 sendo Sergio Coello do Real Club Celta noveno no concurso de lonxitude con 6.53 m.

Compartir: