Mellora do protocolo XOGADE

Ante as incidencias xurdidas para a autorización da xestión de datos por parte dos representantes legais (proxenitores ou titores legais) das e dos deportistas dos XOGADE, a aseguradora vai implementar un novo sistema de autorización para este trámite que simplifica considerablemente o proceso.

Antes os representantes debían asinar un consentimento en papel que debía ser enviado por correo ou subido á plataforma da aseguradora.

Dende xa, os representantes legais recibirán un SMS (no teléfono achegado na comunicación do accidente) cun enlace e un código para autorizar a xestión dos datos dos menores lesionados.

Este cambio será publicitado na aplicación de Xogade e farase constar en todos os documentos informativos da aplicación de inscricións

Lembramos que o número de teléfono de asistencia  é o 91 73 72 818

Protocolo XOGADE

Compartir: