Resultados

Presenza galega nas distintas Comisións da RFEA

Un total de tres galegas e galegos son os que formarán parte en calidade de vogais, das oito comisións que a RFEA acaba de facer públicas e que actuarán, segundo contemplan os seus propios Estatutos, como órganos de funcionamento da citada entidade.

Na Comisón de Clubs estará a Sociedad Gimnástica de Pontevedra quen forma parte da Asemblea Xeral da RFEA. O club Pontevedrés é na actualidade o único equipo galego masculino que milita na máxima categoría nacional xunto ao Ría Ferrol que o fai na categoría feminina.

Outros dos membros que pertence a Asemblea Xeral e que foi nomeado para formar parte da Comisión de Xuices é o viveirense Guillermo Sandino pertencente ao panel de Xuices Internacional de Marcha da AEA e que xa fora nomeado mellor xuiz novel nacional no ano 2015.

Por último e como novidade destacada, figura o nome na Comisión de Inclusión e Diversidade da ex-atleta internacional dos anos oitenta nos 100 valos, María José Martínez Patiño quen a diferencia dos xa citados, non forma parte da Asemblea Xeral. No seu amplo curriculu figura o de profesora de Ciencias da Educación na Universidade de Vigo e membro da Comisión Bioética do COI.

Lembramos que xunto as nomeadas, forman parte da RFEA para o periodo 2021-2024 a Comisión de Atletas, Atletismo Máster, Adestradores, Muller e Atletismo, e a Comisión de Organizadores.

Compartir: