Resultados

Expourense regula as medidas de acceso á instalación

Con motivo da nova normativa publicada no DOGA nº11-bis do 19 de xaneiro de 2021, a xerencia de Expourense informa das seguintes normativas adoiptadas sobre o emprego das súas instalacións:

  • So poderán acceder ás instalacións deportivas os deportistas federados empadronados no concello de Ourense.
  • Deberá cumprirse o horario do toque de queda polo que o horario da instalación poderá varias en virtude do horario que se estableza oficialmente.
  • Os adestramentos deportivos realizánse de forma individual ou con subgrupos de 4 persoas máximo (excluido o monitor), sen contacto físico e cumprindo en todo momento o protocolo COVID-19 establecido pola F.G.A. e pola propia instalación.
  • O aforo da instalación queda establecido en 25 personas de forma simultánea por quenda de adestramento.

Esta normativa entrará en vigor ás 00.00 do día 21 de xaneiro de 2021, e estará vixente ata novo aviso.

Peche nas fins de semana

Do mesmo modo e como xa viñemos informando, esta fin de semana (sábado 23 e domingo 24) e por motivo do cribado masivo de COVID19 que no recinto se vai levar a cabo, as instalacións estarán PECHADAS para os adestramentos. Do mesmo xeito e ata novo aviso Expourense permanecerá pechado aos adestarmentos os sábados e domingos.

Compartir: