Resultados en directo

Aprobado o calendario FGA de inverno

No día de onte e inmediatamente despois de que a RFEA dera a coñecer o seu calendario oficial de probas, serían aprobadas telematicamente pola Xunta Directiva e Comisión Delegada da FGA os aspectos máis importantes que marcarán a axenda do atletismo galego no ano 2021.

Entre as mesmas está a aprobación do calendario para os próximos tres meses que recollen toda a actividade de pista cubierta e ruta intentando deste modo garanter a calebración de toda a actividade invernal. Para elo programariase un ambicioso calendario de pista cuberta onde todas as categorías poderán contar cos seus respectivos campionatos oficiais entre os que destacan o galego absoluto que se desenvolverá o 31 de xaneiro en Ourense.

O campo a través,  a falta da súa normativa, está contemplado que se organice en formato contra reloxo, sempre e cando as normativas sanitarias así o permitan, o vindeiro día  07 de febrero, sendo o autonómico de marcha en ruta,  quen se desenvolva o 30 deste mesmo mes.

A maiores aprobouse o Regulamento de Competición onde se recollen, entre outros, a normativa para tomar parte nos distintos campionatos que estarán reducidos a un número máximo de participantes por ranking galego.

Outras das medidas aprobadas foron as de permitir recibir medallas nos Campionatos aos atletas non galega/os de orixe con máis de tres anos de empadronamento ou con ficha por Galicia, así como a de adiantar a data máxima de inscripcións que pasarán dos martes aos luns anteriores a celebración da proba.

Compartir: