As solicitudes para a organización de probas en ruta que afecten a vías de tránsito dependentes DXT continúan abertas ata o vindeiro día 25 de xaneiro.
Segundo a DXT: ¨O calendario de eventos deportivos en vías de uso público da DXT é a relación de todas as probas deportivas que os organizadores pretenden realizar durante o ano. Trátase dunha reserva de espazo de uso público para a celebración do evento nesa data. Ademais de reservar espazo de uso público, tamén supón unha reserva para dispoñer de axentes da Agrupación de Tráfico da Garda Civil para o acompañamento dos participantes durante o desenvolvemento do evento, se iso fose necesario. A reserva só será efectiva cando, tras unha revisión por parte das Xefaturas de Tráfico das provincias de paso afectadas, dáse o visto e prace á inclusión definitiva dun evento no calendario¨.
Os prazos de solicitude de novas reservas inclúen a posibilidade de solicitar modificacións de eventos aos que se deu o visto e prace. Esta solicitude de modificación será tratada como unha nova reserva e será sometida ao proceso de revisión por xefaturas para unha noa aprobación.
Só se podrá podera facer solicitudes de reservas durante os prazos determinados para eles, agás que se trate de modificacións de datas a pedimento das xefaturas para resolución de incidencias.¨