Un total de 26 novas e novos xuices de nivel 1 galegos son os que resultaron aptos no último exame celebrado o pasado día 12 de decembro en Pontevedra.
Con esta nova promoción refórzase considerablemente o panel de xuices do Comité Galego, quen poderá contar con máis efectivos de cara ao seu cometido nas probas de rango federado en todas as modalidades
Entre a relación das recentes incorporacións existe presencia de xente moi relacionada directamente co atletismo ben en calidade de atleta, adestrador ou directivo, os cales simultanearán as súas habituais facetas cas da súa nova condición.
Lembramos que o Comité Nacional de Xuices (CNJ) establece tres categorías:
- XUÍCES NIVEL I
Os Xuíces Nivel I poderán ser nomeados para actuar en todas as competicións de calendario nacional e internacional que se celebren na súa Comunidade Autónoma e naquelas que se celebren noutra Comunidade para as que fosen nomeados polo CNJ.
- XUÍCES NIVEL II
Os Xuíces Nivel II poderán ser nomeados para actuar en todas as competicións de calendario nacional e internacional que se celebren na súa Comunidade Autónoma e naquelas que se celebren noutra Comunidade para as que fosen nomeados polo CNJ. Ademais poderán ser nomeados para ser Xuíz Árbitro en competicións de calendario nacional que se celebren fose do estadio.
- XUÍCES NIVEL III
Os Xuíces Nivel III poderán ser nomeados para actuar en todas as competicións de calendario nacional e internacional que se celebren na súa Comunidade Autónoma e naquelas que se celebren noutra Comunidade para as que fosen nomeados polo CNJ. Ademais, poderán ser nomeados para ser Xuíz Árbitro en todas as competicións de calendario nacional e tamén naquelas de nivel internacional que se celebren en España