Resultados en directo

Os xogos paralímpicos de Tokio marcan o obxectivo

O atletismo galego seguirá contando con representación nos Xogos Paralímpicos de Tokio no ano 2021

A día de hoxe son tres os atletas que teñen o billete gañado para a gran cita paralímpica e que se suman ós oitenta e dóus xa clasificados. O último en conseguilo sería o atleta do Real Club Celta  Gustavo Nieves  na pasada maraton de Valencia onde remataría cun tempo de 2h.27:51. Con esta nova edición o atleta lucense sumará nada menos que a súa quinta participación olímpica logo de Sidney-2000, China-2008, Londres-2012 e a de Rio-2016 o que o convirtirán no atleta galego con máis participacións olímpicas. O seu logro máis destacado foi a cuarta posición en Londres na proba dos 5.000 m.. A maiores conta cun bronce europeo nos 5.000 na edición do ano 2012 e un bronce no mundial parisino do ano 2013.

Adi Iglesias do Lucus Caixa Rural Galega pola súa banda fará o seu debut na capital nipona na estrea olimpica. A máis importante velocista galega nestes intres e integrente da Selección Galega,  lograba nos pasados mundiais de Dubai os seus maiores éxitos deportivos logo de colleitar dúas pratas nas probas dos 100 m. e 200 m.

A maiores outra atleta galega Desireé Vila, estará tamén en Tokio si consigue ratificar a súa selección en próximas competicións. A pontevedresa que pola súas características non conta con ficha nin FGA nin RFEA, debutaría no atletismo a nivel internacional no Europeo de Berlín 2018 estreandose no Mundial de 2019 en Dubai. Compite en lonxitude e velocidade malia que prefiere o primero. Antes de chegar ao noso deporte, probou o tenis en cadeira, baloncesto e natación.

Compartir: