Resultados

Xela e Carlota brillan en Madrid.

Un ouro, unha prata, catro récords galegos e nove postos de finalistas, foi o balance das nosas e nosos atletas no Campionato de España Sub16 de Pista Cuberta desenvolto durante esta fin de semana nas pistas madrileñas do Gallur.

O primeiro dos metais logrados foi o que na colchoneta de altura a saltadora do A.F. Celta Carlota Salgado lograría logo de saltar nada menos que ata os 1.69 m. Con este excelente rexistro a celeste lograba de igual modo un novo récord galego Sub16, que pon  un extraordianario sabor de boca ao peche deste ano. Nesta mesma proba a lucense do Franciscanos de Lugo Enma Sihuang, lograba a quinta posición cun mellor salto de 1.63 m..

Non por agardado resultou menos expectacular a medalla de ouro de Xela Martínez na proba dos 3.000 m. quen nun alarde de domino impúxose cun crono de 10:01.16  quitándolle máis de nove sugundos á segunda clasificada e establecendo un novo récord galego Sub16 da distancia. Con esta plusmarca e co título nacional, Xela reafirma o seu extraordinario talento que fan da lucense a atleta femenina de base con máis proxección do sector de fondo nestes intres

Outras das boas novas do campionato foron os récords galegos do atleta do Ourense Atletismo Pablo Cudeiro quen deixaría o crono na proba dos 60 valos nuns excelentes 8.74, logrando de igual modo con este rexistro a sexta posición na final da proba. Lisa Vosberg do AVA pola súa banda sería quen de chegar no listón de pértega ata uns 3.21 m. o que lle supuxo un meritorio cuarto posto no concurso así como un novo récord galego da especialidade .

O resto de postos finalistas correron a cargo de Daniel Loureiro de A Silva quen foi quinto en lonxitude con 6.15 m; sextas posicións para Ainhoa Raparaz do Val Miñor nos 60 m. con 7.90; Adriana Rial do Samertolameu nos 60 valos con 9.18 e de Jorge Vázquez do Marineda nos 600 m. con  1:29.75.  Antía Pernas do Lucus CRG nos 60 m. con 8.00 e o independente Victor Ramos nos 3.000 con 9:33.33 serían oitavos.

Por último tanto Jemal Samson do Rías Biaxas na proba dos 600 m. con 1:30.96 e Lucía Blanco do Ria Ferrol nos 60 valos con 9.56, lograron postos de semifinalistas.

 

 

 

Compartir: