A canteira citouse en Ourense

Excelente xornada de atletismo a vivía no día de onte na pista Cuberta de Expourense durante a disputa do Campionato de Galicia Sub10-Sub12 e Sub14 que xuntou a boa parte dos mellores atletas do noso atletismo base.

A competición que so acollería concursos, valos e velocidade contou cunha importante participación de xovencísimos e xovencísimas atletas achegados de todos os recunchos da nosa comunidade en representación de todas as Delegacións.

A nivel de actuacións, salientamos o excelente comportamiento de todos e todas cantas estiveron compitindo na instalación cuberta, ofrecendo ós e ás asistentes unha auténtica xornada de festa atlética e deportivade.

En canto a resultados individuais, compre citar a Antón Cillero do Riazor Coruña quen ca súa marca de 7.64 nos 60 m. acadaría unha mellor marca autonómica Sub14 da especialidade.  Ademais do coruñés destacaron as actuacións de José Hervella do ADAS Proinor e de Paula Pazo do Lucus Caixa Rural Galega na categoría Sub10, así como a dos Sub14 Roi Prieto do Ourense Atletismo con dos títulos en pértega e altura, Nicolás Quiñones da Gimnástica, Lucas Huertas do Marineda, Valeria González do A.F. Celta e Marina Pérez da Gimnástica todos eles con dúas medallas acadadas.

Éxito de seguimento en directo

O Campionato puido ser seguido en directo a través da canle youtube da FGA contando entre as dúas xornadas con máis de 6.700 vusualizacións o que pon de manifesto o gran seguimento do campionato. Lembramos que a retransmisión pode novamente  ser visualizada a través dos seguintes enlaces:

Primeira xornada

Segunda xornada

Compartir: