O nacional Sub16, abre a tempada da pista cuberta

Trece atletas galegos e galegas serán as que compitan esta fin de semana xunto a un total de 261 deportistas nacionais, no Campionato de España Sub16 que se desenvolverá nas instalacións cubertas do Gallur madrileño nove meses despois da celebración da última proba baixo tellado. A ela acuden os e as nosas representates logo dun ano atípico onde lonxe dos resultados, o importante será a celebración da volta a actividade cuberta.

¨Premio¨ a un ano duro

Baixo estritas medidas de seguridade e amplos protocolos, acudirán a tomar parte entre otras a velocista do Lucus Caixa Rural Antía Pernas no sector de velocidade, onde acude co quinto mellor rexistro das participantes o que a fai entrar na loita polas medallas. Especial atención a campioa galega absoluta sobre os 100 m. de aire libre Ainhora Raparaz do Val Miñor quen vai disposta a desenvolver un bo campionato.

Na proba dos 600 m. poderemos ver as evolucións do coruñés do Marineda Atlético Jorge Vázquez así como a do pontevedrés Jemal Samson do Rías Baixas

Xela Martínez da Atlética Lucense centrará boa parte dos focos de atención do campionato ao chegar ca mellor marca das participantes e de ser a priori clara favorita ao título dos 3.000. A sensación lucense quere rematar este 2020 imbatida, sumando un novo título nacional que engadir ao acadado ao aire libre en Granollers  sobre a mesma distancia. Na categoría masculina teremos sobre o tartán ao atleta independente Victor Ramos co obxectivo de baixar dos 9:22

Nos valos o campión galego indoor Sub16 Pablo Cudeiro do Ourense Atletismo intentará estar na final da proba, obxectivo polo que tamén loitarán tanto Lucía Blanco do Ria Ferrol como Adriana Rial do Samertolameu na categoría feminina

Xa nos saltos Daniel Loureiro de A Silva loitará por estar por riba dos 6.26 m. cos que se achega á final de lonxitude sendo no concurso de altura donde a medallista de bronce no nacional de Granollers, Enma Sihuang da Atlética Lucense así como Carlota Salgado do A.F. Celta manterán unha interesante disputa que sen dúbidas beneficiará a ambas saltadoras.

Por último, na pértega será a campiona galega tanto de aire libre como de pista cuberta Sub16 Lisa Vosberg do AVA quen intente estar por riba dos 3.10 m.

Compartir: