Resultados

Catro medallas e cinco finalistas no nacional de marcha

Un total de catro medallas e cinco postos de finalistas foi o balance acadado polas nosas e nosos marchadores no Campionato de España de Marcha máster e Campionato de España de Promoción desenvolto no día de onte en Getafe baixo unhas condicións climatolóxicas de vento e temperatura típicamente invernais.

O título de campión de España viría da man do principal favorito Juan Morales del Castillo do Marineda Atlético, quen na categoría de M35 estase mostrando nos últimos anos intratable tanto a nivel nacional como internacional. No día de onte, engadiu un novo título nacional logo de rematar a proba nun crono de 47:12. Sen abandonar esta categoría, outra das medallas logradas foi a do subcampión nacional de Torrevieja sobre os 20 km. deste ano Jose Fernández Nieves do Real Club Celta, quen completaría os 10 km. cun tempo ofical  de 50:13 o que lle daría a medalla de bronce.

Xa na categoría feminina, a terceira medalla máster45 recaeu en María Emilia Rodríguez do Trega quen con 1:00.41 lograba o subcampionato nacional, que suma tamén ao bronce sobre os 20 km. deste ano en Torrevieja.

Manuel Polo Gundín do Narón, completaba a expedición galega co seu destacado cuarto posto na M45 con 50:13

Paralelamente ao nacional máster acontecían as probas de promoción onde novamente poidemos ver a prometedora marchadora internacional Iria Rivas do Ria Ferrol en postos do podio Sub18, desta vez sobre os 10 km. na segunda posición. Con esta nova medalla a estradense, ¨presenta¨ as súas credenciais cara unha nova internacionalidade.

No resto de actuacións cabe salientar os posto de finalistas na proba dos 5 km. Sub 16 de Natalia Rivas do At. Cuntis, quinta con 15:07;  Oleksandra Kostenko da A.Lucense, oitava con 15:16.

Na sub18 quinta posición para Alba Pérez do Atletismo Negreira con 25:43 e sétimo lugar para Roberto Viero do Atletismo Santiago con 22.44 na Sub20

O resto de actuacións: Sub 16: 9º Pablo Sánchez (A. Lucense) 23:48; 13ª Aldara Meilán (A. Luncense) 15:39; 14ª Salomé Segade (Millaraio) 15:44; 16ª María Martín (ADAS Proinor) 16:03. Sub20: 11º Roi Surribas (Gimnástica) 24:23

 

Compartir: