Raúl Chapado foi reelixido no día de hoxe presidente da RFEA, na primeira Asemblea Xeral extraordinaria celebrada de maneira telemática nos 100 anos de historia da Real Federación Española de Atletismo.
O reelexido presidente, afronta o seu segundo mandato tras recibir 127 votos a favor e 13 abstencións. O “Lideremos o futuro” que foi o lema elixido para o seu cartel electoral, será un dos eixos que marcará este segundo mandato ao fronte do atletismo español.
Logo da súa elección, Isidoro Hornillos presidente da FGA, falaría personalmente con Chapado felicitándolle pola reeleción e desexándolle a maior das sortes posibles nesta segunda lexislatura.
Vixésimoprimer presidente
Desde a fundación da Federación Española en 1920, Chapado é o vigesimoprimer presidente na liña de sucesión do avogado e xornalista monárquico Gabriel María de Lafitte, primeiro ocupante da cadeira presidencial entre 1920 e 1923.