Desde o día de onte, está aberto o prazo de tramitación para as fichas de atletas e xuices logo de que xa o pasado día 5 se abrira a de clubs e adestradores.
A circular 65-2020 especifica os pasos, costes e procedementos a seguir na tramitación das licenzas FGA onde é importante que os clubs seleccionen na intranet correctamente as siglas de AG para as licenzas autonómicas, ou GA para as licenzas nacionais.
Lembramos que a RFEA permite a renovación de atletas ate o día 10 de decembro, transcurrido o cal, as renovación estarán suxeitas recargos.
Por parte das fichas da FGA e como xa anunciamos, existirá dun desconto do 10% da parte correspondente ás cutoas autonómicas en todos os estamentos que abonen as licenzas 2021 antes do 31 de decembro deste ano. Esta acción enmarcase dentro do paquete de medidas excepcionais que a Federación está adoptando como consecuencia da actual situación de crise económica e social que se está a vivir, e que afectan a boa parte da masa social federada.
Videos titoriais tramitación de licenzas RFEA