Resultados

Rubén Martínez, mellor xuíz novel RFEA 2020

O xuíz RFEA Nivel 2, Rubén Martínez acaba de ser nomeado pola RFEA como o mellor xuíz novel do ano 2020.

Con esta premiación, Rubén sucede aos tamén distinguidos Guillermo Sandino e Anxo Pérez galardoados nos anos 2015 e 2016 sendo Galicia xunto a Aragón e Madrid, a única Comunidade con tres xuices recoñecidos dende que se constituiran no ano 2008.

Os méritos amosados polo coruñés na súa candidatura foron entre outros o de terse distinguido polo seu especial coñecemento das regras, a súa posta en práctica de forma acertada, a súa atención ao colectivo, a resolución de situacións especiais no xuzgamento das normas, así como a dedicación ao Estamento en calquera das súas facetas.

Máis recoñocemento aos xuices galegos

Da importancia, preparación e capacitación dos membros do Comité Galegode Xuices, fala o feito de que de igual modo serían tres os distinguidos como os  ¨Mellores do ano¨ pola RFEA nas edicións do ano 2002, 2011 e 2012, que recaerían respectivamente en Dolores Rojas, Jorge Blanco e Angel López-Montesinos

A maiores a Placa Juan Sastre que homenaxea a especial dedicación e méritos dos xa falecidos, recaeo no ano 1993 en Ramón Docal.

Compartir: