Un novo Campionato de Galicia de inverno de marcha en pista levaríase a cabo no día de hoxe nas pistas do CGTD de Pontevedra organizado pola FGA e Xunta de Galicia. Sen lugar a dúbidas o tempo verdadeiramente primaveral, sumado á enorme motivación reflexada na pista, favorecería a consecución de boas actuacións e rexistros a nivel xeral.
A nivel resultados, o máis importante foi o triunfo na categoría feminina da internacional e campioa de España de aire libre actual, Antía Chamosa da Gimnastica, quen co seu quinto título logrado no día de hoxe iguala no palmarés do campionato tanto a Eva Iglesias como a Jorge Ignacio Silva. Xunto a marchadora finalista no europea Sub23 de Gavle no 2018, estraron en postos de medalla Iria Rivas do Ría Ferrol e Alba Pérez do A. Negreira respectivamente
Na categoría absoluta masculina saltaría a sorpresa co triunfo do subcampión Mundial máster Juan Manuel Morales quen lograría impoñerse ao favorito Daniel Chamosa da Gimnástica de Pontevedra logo de que o pontevedrés, que encabezaba comodamente a proba a falta de pouco menos de 500 metros, fora penalizado na zona de pit lane. Con este triunfo, o marchador coruñés do Marineda, repite o título logrado no ano 2018 en Narón. A medalla de bronce correspondería a Hugo Martínez dio Lucus Caixa Rural Galega
No resto de categorías, as campioas galegas e galegos desta edición 2020 serían as seguintes:
- Categoría Absoluta. Antía Chamosa da S. Gimnástica e Juan Manuel Morales do Marineda A.
- Sub23. Antía Chamosa da S.Gimnástica
- Sub20. Iria Rivas do Ría Ferrol -CCA e Hugo Martínez do Lucus CRG
- Sub18. María Aboy do C.A. Cuntis e Ismael Díaz do C.A.Sada
- Sub16.Oleksandra Kostenko da EA Lucense e Pablo Sánchez A. Lucense
- Sub14. Claudia Sufuentes da A.Lucense e Andrés González do R.C. Celta
- Sub12. Sabela Castelo do Vila de Cangas e Anxo Jamardo da S.Gimnástica
- Sub10. Lola López do Ourense Atletismo e Antón Díaz do A. Narón
- Master 40. Mónica Figueiro do A.Ría de Arousa e Juan Manuel Morales do Marineda A.
- Máster45. María Emilia Rodríguez do Trega e Manuel Polo do A. Narón