Dazaoito probas máster na categoría feminina e de doce na categoría masculina, é o numero total de probas que encabezan as/os nosas/os atletas galegos no ranking nacional de aire libre do presente ano.
Na relación destaca a presenza da santiaguesa nas ringleiras do Club Playas de Castellón Esther Pedrosa quen lidera na categoría máster 55 as probas dos 400, 800, 1.500 e 3.000 m. De igual modo é na categoría masculina donde o pontevedrés fichado polo Atletismo Narón, Carlos Ferrer na categoría M60, fai o propio nas probas dos 100 valos, 300 valos, martelo e peso. Mención aparte ten a presenza do pentaolímpico (Sidney, Atenas, Pekín, Londres e Río) Frak Casañas, quen aparece liderando o concurso de disco na categoría M35.
Do total de presenza galega neses postos de cabeza, a especialidade preferida ven sendo os lanzamentos quen ocupa un 60%, seguido do sector dos valos e da modalidade de medio fondo e fondo no terceiro lugar.