Tristemente acabamos de recibir da familia a confirmación do falecemento do adestrador lucense Mariano Castiñeira.
Médico de prefesión e gran amante do atletismo, Mariano será lembrado pola familia atlética galega como unha gran persoa, bondadosa, entregada e comprometida con todo aquelo que emprendía. Polas súas mans pasaron varias xeneracións de atletas, da taia de Tito Margaride, Alessandra Aguilar, María Abel ou mesmo Adri Ben, que tiveron a sorte de formarse como atletas e de medrar como persoas baixo un legado de valores onde falar de esforzo, traballo, deportividade e compañeirismo era máis importante que a mellor das medallas.
Todos cantos tivemos a sorte de coñocelo, choramos e lamentamos a ausencia de todo un símbolo que pasa por méritos propios a formar parte xa, da gran historia do noso deporte.
DEP