Un total de 33 atletas galegas e galegos (25 mulleres e 8 homes) están ocupando as tres primeiras posicións do ranking de España de aire libre nas categorías comprendidas entre os Sub14 e a categoría absoluta
Nesta relación compre salientar a ampla e destacada presenza do atletismo feminino que se fai presente nun 75,7% do total, o que amosa o importante peso a nivel nacional en relacion aós homes, que ocadan as atletas galegas en todas e cada unha das categorías.
Así a todo, na relación bótanse en falta moitas das e dos máis importantes e internacionais atletas galegas do momento que por mor das circunstancias acontecidas neste ano, optaron por apenas competir ca intención de preparar a gran cita olimpica que acontecerá no 2021.
Con todo elo, na categoría absoluta aparece no máis alto da táboa a mugardesa mundialista, e campioa de España, Belén Toimil no concurso de peso, sendo de igual modo moi destacada a presenza da atleta Sub16 Xela Martínez quen co seu impresionante rexistro nos 3.000 m. de 9:35.3 ocupa a segunda posición na categoría absoluta encabezando as categorías Sub23, Sub20, Sub18 e Sub16. Ademáis das citadas ocupan primeiros postos no ranking Sub18 Alba Cuns en triplo e Eric Méndez en martelo; na Sub16 Blanca Pereira en martelo e na Sub14 Celia Castro e Daniel Salgueiro nos 500 m. e Candela Sánchez nos 1.000 m.
De igual modo tamén citamos as atletas doutras nacionalidades pero con ficha galega que se situarían por rexistros nesas primeiras posicións do ranking: Joselyn Daniele Brea (1ª nos 3.000 m. e 3ª nos 5.000 m,.) e Alice Marie Genevieve (3ª nos 2.000 e nos 1ª nos 3.000 m. obstáculos)
Se nos fixamos nos sectores, é o fondo e medio fondo o que máis galegos e galegas ten encabezando esta lista Top3 sendo a categoría Sub14 a que conta cun maior número de atletas da nosa comunidade.