En nada cumplirase tres anos dende o que o pasado dia 16 de decembro de 2017 se inauguraran oficialmente a pista cuberta de Expourense. Unha das demandas e reivindicacións do noso deporte era por fin atendida e subsanada ca construción dunha da máis moderna infraestructura atlética baixo teito a nivel mundial.
Dende aquel día, disputouse unha intensa e variada actividade atlética aproveitando as datas dispoñibles, xa que lembremos que as pistas están instaladas no recinto feiral de Expourense que acolle cada ano importantes actos e que obrigan a compartir periodos de actividades.
Malia elo, un total de vinte Campionatos de Galicia individuais, oito por clubs, dazaoito xornadas de menores, tres Campionatos de España e vintedous probas de control e xornadas varias, foi o balance de actividade competitiva durante estes tres anos. Todo elo daría de maneira indudable, un importante pulo a modalidade baixo teito que si ben nos últimos anos xa viña contando con importantes melloras , grazas en parte a aparición dos distintos módulos cubertos, seguía sendo a cincuoxenaria e obsoleta pista cuberta de Riazor a sede dos campionatos de Galicia.
Resultados palpables
Co incremento da actividade competitiva cuberta, pero sobre toda ca infinita mellora da instalación, os resultados non se fixeron agardar. Xa no primeira tempada de actividade de 2018, en Expourense rexistraronse un total de 50 novos récords galegos que seguirían os 98 da tempada 2019 e os 41 da actual (que remataria prematuramente), o que arroxa un balance total de 189 novos récords autonómicos.
De eses récords 91 (48,1%) corresponden a categoría femenina e 98 (51,8%) á masculina sendo a categoría máster con nada menos que con casi o 66% (126 novas plusmarcas) quenes lideran por categorías o número de novos récords logradas en Expourense.
No que atinxe aos distintos sectores, parece demostrarse que as pistas contan cun excelente material sintético que as fai especialmente rápidas xa que un 25,3% dos mellores rexistros serían acadados nas probas de velocidade. Sobre a pista central, os valos acadaron un peso importante cun 10,6% favorecendo a corda exterior de igual modo a consecución de bos rexistros nas probas de fondo e medio fondo cun 22,7 % dos novos récords, seguidos da marcha cun 5,2% e as probas combinadas cun 2,2%.
Por último, os concursos son liderados polos saltos con preto do 19,1%, seguido dos lanzamentos cun 8,4% rematando cas carreiras de relevos cun 6,5%
18 Récords de España e 1 récord europeo
A esta importante colleita de resultados autonómicos, cabe sumarlle os nada menos que 19 récords de España entre os que contamos na lista ca presenza dos e das galegas Flora Josefa Guzmán, Esther Pedrosa, Emilia Mesa, Rosa Sierra e Pepín Rioseco
Un dos máis salientables rexistros foi o logrado polo castellonense Pablo Torrijos quen no concurso de triplo salto desenvolto nos campionatos de España Absolutos deste ano, saltaría ata os 17.18 m. que supoñen un novo récord absoluto da especialidade.
Por último mención especial pola súa notoriedade, para o galego Pepín Rioseco do At.Narón quen no ano 2018 lograría establecer na proba dos 1.500 m. categoría Máster 80 un rexistro de 2:41.00 que representan na actualidade a mellor marca europea da distancia a tan só un segundo do récord do mundo.
O resto de récords de España batidos nas instalacións cubertas ourensanas son:
- 60 m. F85. 15.16 Mª Luisa González (09.03.2019)
- 200 m. Sub20. 20.99 Pol Retamal (04/03/2018)
- 200 m. F70. 38.77 Flora Josefa Guzmán (22.02.2020)
- 400 m. Sub20. 46.73 Bernat Erta (01/03/2020)
- 400 m. M40. 49.22 Ricardo Menéndez (08.03.2019)
- 800 m. W55. 2.32.19 Esther Pedrosa (03.03.2019)
- 800 m. M75. 2:41.02 José Vicente Rioseco (09.03.2019)
- 1.500 m. M75. 5:26.46 José Vicente Rioseco (10.03.2019)
- 3.000 m. W55. 10:44.15 Esther Pedrosa (14.01.2018)
- 3.000 m. W60. 11:30.09 Mª Teresa Ruzafa (09.03.2019)
- 3.000 m. M75. 12:15.55 Juan López (08.03.2019)
- Triplo Absoluto. 17.18 Pablo Torrijos (01/03/2020)
- Triplo M75. 8.38 m. Manuel García (09.03.2019)
- Pértega Sub23. 4.32 m. Mirem Bartolomé (29/02/2020)
- Peso F65. 9.46 m. Emilia Mesa (14.01.2018)
- Peso M35.19.61 m. Borja Vivas (29/02/2020)
- 3.000 marcha M50. 12:51.84 Enrique Fernández (08.03.2019)
- 3.000 marcha F55. 17:05.96 Rosa Sierra (08.03.2019)
Récord Europeo
- 800 M75. 2:41.00 José Vicente Rioseco (23.12.2018)