Resultados

O CGX realizará un exame de nivel 1 o vindeiro 12 de decembro

O Comité Galego de Xuíces solicitou ao CNJ a realización dun exame Nivel 1 o próximo 12 de decembro.

Para a preparación do mesmo, e dadas as circunstancias da pandemia,o CGX vai organizar por primeira vez en Galicia un curso preparatorio online de balde, constando dunha serie de sesións en directo (que poderán verse a posteriori baixo demanda) e unha plataforma para a resolución de dúbidas así como exercicios, dando comezo o vindeiro venres 6 de novembro pero admitindo inscricións unha vez esté en marcha.

A información de acceso á plataforma online para o curso enviarase aos rexistrados por correo electrónico podendose consultar toda a información na Circular CGX 8-2020

Compartir: