Enriquecedora, productiva e pedagóxica son algúns dos calificativos que se lle poiden aplicar a participación dos clubs Agrupación Viguesa de Atletismo, A Silva, e Millaraio no Campionato de España por Clubs Sub14 que tería lugar durante esta fin de semana pasada en Nerja.
A experiencia e o estímulo vivido por estas xovencísimas/os atletas que convivirían con preto de 800 atletas pertencentes a 38 clubs achegados de todo o Estado está por riba de calquer resultado obtido, destacando cada unha das actuacións de Dalia López Casas, Daniela do Río Pardo, Noa Rey Bravo, Lara Liste Otero, María Estévez Vázquez, Alba García Fraga, Carla Santos Fuentes, Icía Ares Betanzos e Carla Vilariño Astray do Club Atlética A Silva; de Lucía Abel, Lola Faro, Lucía Domínguez, Sofía Alonso, Iris Martínez, Martina Dacosta, Emma Quintas e Andrea Iglesias do Club A.V.A, e de Adrián Sesar, David Moreno, Jorge García, Nadir Moreira, Nuno Castro, Pablo Cariñena, Pablo Leiva e Alejandro González ( A Silva) por parte do equipo masculino do Millaraio.
A todos eles e elas, aos seus adestradores e adestradoras e aos seus clubs polo seu importante esforzo realizado en acudir a esta cita… ¡¡¡MOITÍSIMOS PARABÉNS!!!