A partir de hoxe 16 de outubro, entra en funcionamiento a nova póliza coa compañía AIG para o seguro deportivo de Xogade que comprende desde os 6 ata os 16 anos.
Hai un novo protocolo, e polo tanto novo número de teléfono de asistencia (917372818) e a nova plataforma, entre outras consideracións.
Esta información tamén se actualizará na parte traseira dos carnés de Xogade.
Aclaracións:
- Os expedientes abertos a día de hoxe e as lesións que se produzan ao longo do día 15 de outubro de 2020, deberán continuar a súa atención e/ou dar parte na compañía actual, MGC.
- As lesións que se produzan no día 16 e a partir dese día 16 de outubro de 2020 xa deberán aplicar o novo protocolo coa compañía AIG.
Ao longo destes días a información será actualizada na páxina de Xogade e na aplicación.